segunda-feira, 18 de julho de 2011

Homenagem às duas Marias


O Ateneo de Santiago e a asociación cultural O Galo queren cubrir a Alameda de Santiago de cor, “como lles gustaría ás Marías”. Hoxe ás dúas en punto –nome polo que tamén se coñecen as irmás Fandiño– as flores encherán de vida un día que hai 75 anos converteuse no aciago espello dun futuro escuro. As dúas compostelás, duramente represaliadas no franquismo pola súa pertenza a unha familia de esquerdas, precisaban desta homenaxe popular que nace, como di Encarna Otero, “da unión de varias persoas que comezaron a falar”. Falar e recordar, quizais sexa o que fai falla nesta sociedade, aínda que “das cousas de Santiago non se pode falar”. Pero si escribir e así o fixo Bernardino Graña, que define á perfección ás Marías no seu poema “Rosas de trapo”. A súa lectura no recital poético do luns na Alameda servirá como homenaxe a dúas mulleres que foron a esencia do outro Santiago que non estaba encorsetado polo catolicismo da época da posguerra e a ditadura franquista.


As Marías eran inicialmente tres, aínda que a terceira maría non puido acompañar as súas irmáns por moito tempo, e saían cada día a pasear dende a rúa do Espírito Santo para percorrer a zona vella ata a Alameda. Maruxa–a maior das dúas– e Coralia “poñíanlle a cor a unha cidade escura”. As súas chamativas vestimentas “de todas as cores do arco da vella” valéronlles recibir o nome por parte dos “estudantes máis liberais, de Igualdade, Liberdade e Fraternidade”.

As dúas irmás, costureiras, deseñaban as “súas propias roupas coas telas que lles daban as tendas”. Mais os seus vestidos non eran máis ca trapos que “escondían os seus corpos escuálidos”. A felicidade que transmitían as súas vestimentas e a actitude transgresora que amosaban nos seus paseos –falaban cos rapaces e piropeábanos, cousa impensable para as damas compostelás– convertéronas nunhas mulleres excéntricas.

Seque aqui: http://www.xornal.com/artigo/2011/07/16/cultura/longo-paseo-das-duas-punto/2011071623175000246.html

Represión durante a Guerra Civil

A familia Fandiño Ricart estaba formada por once irmáns, fillos dun zapateiro da Rúa Espírito Santo, tres dos cales Alfonso, Antonio e Manuel, estaban inseridos no movemento anarquista coma militantes da CNT, ata o punto que un deles, Antonio, chegou a adquirir unha alta responsabilidade na organización durante a guerra. Un destes irmáns foi paseado durante a guerra, e os outros dous fuxiron, mais finalmente foron descubertos e encarcerados. Para dar con estes irmáns fuxidos, crese que a Policía Social torturou a Coralia e a Maruxa, e mesmo que incluso unha delas foi violada nomonte Pedroso.
Non está claro se elas pertenceran ao movemento anarquista, pero si se cre que a súa ideoloxía era de esquerdas. O xornalista Raimundo García Domínguez, Borobó, mantivo que eran membros da CNT, coma os seus irmáns, e que mesmo levaran a cabo tarefas de enlace con sindicalistas fuxidos.


Simpatía da veciñanza

As dúas irmás caeron na pobreza logo de que os veciños da cidade deixaran de facer pedidos ao taller de costura que rexentaban, para que a policía non os vinculase a elas. Maila a este medo, a veciñanza compostelá sentía en xeral simpatía cara elas, e cando logo da guerra pasaron a vivir da caridade, quen querían axudalas non lles daban a esmola directamente, senón que mercaban cousas para elas nos comercios da cidade, nomeadamente nosupermercado Carro, situado na Praza do Toural, onde o dono Tito Carro llelos daba coma se foran promocións e non caridade. Así mesmo, segundo conta Fermín Bescansa, nunha ocasión unha treboada estragou o teito da súa vivenda, e organizouse unha colecta que xuntou 250.000 pesetas, o valor dun piso da época.

4 Comments:

O'Chini said...

"As Marías eran inicialmente tres, aínda que a terceira maría non puido acompañar as súas irmáns por moito tempo"
Passava-lhes como às da "conexa", de Ardebulho

O'Chini said...

Por certo, dim por suposto que todo o mundo já sabia que estas mulheres representadas hoje na Alameda forom reais, e polos vistos medio revolucionarias as pobres...

Gonzalo Amorin said...

Estas mulheres eram irmáns de republicanos (anarquistas se nom lembro mal) galegos assassinados polos feixistas no 36. Segundo tenho entendido a sua excentricidade foi motivada polo acosso e marginaçom ao que estiverom sometidas por tanto tempo. Coitadas!

Gonzalo Amorin said...

hahaha! Isto passa-me por nom ler antes o artigo!! Perdom!