Unha delegación conformada por membros da asociación A Mesa pola Normalización Lingüística e a plataforma 'Queremos Galego' denunciou ante os membros do Comité de Expertos da Carta Europea de Linguas Rexionais ou Minoritarias os "pasos atrás gravísismos" emprendidos dende a chegada de Alberto Núñez Feijóo ao Goberno galego en 2009.Así o explican nun relatorio entregado durante a reunión celebrada en Madrid á que tamén acudía a Xunta, e no que constatan medidas prácticas impulsadas pola Administración autonómica "para desmantelar a oficialidade da lingua galega" en ámbitos como o ensino e a administración, que motivou a convocatoria de varias manifestacións "multitudinarias" na súa contra. Entre outras cousas, informouse da eliminación do modelo das Galescolas, eloxiadas no informe do comité de expertos de 2008, ou a substitución do decreto do galego no ensino do bipartito polo chamado decreto do plurilingüismo, que na súa opinión "prohíbe totalmente a posibilidade de modelos de inmersión en galego en calquera etapa" e "dificulta que os nenos poidan ter calquera contacto co galego en ao educación infantil", entre outras cousas. Tamén se referiron, noutros ámbitos, á imposibilidade de ter documentación en galego nos xulgados, a ausencia do galego na administración pública ou o peche de cabeceiras impulsadas integramente no idioma propio de Galicia.Entre outros representantes, acudiron á reunión Valentina Formoso (Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística); Rafael Adán (Asociación Xarmenta, do Bierzo); Xosé Henrique Costas (plataforma Prolingua); Mariló Candedo (presidenta de Nova Escola Galega); Xosé Manuel Pereiro (decano do Colexio de Xornalistas de Galicia); Luís Villares (xuíz); ou Manuel González, en representación da Real Academia Galega.
A VERSIÓN DA XUNTA Pola súa banda, a Xunta de Galicia acudiu á reunión de expertos na capital estatal para informar das medidas levadas a cabo polo Goberno bipartito entre os anos 2006 e 2008 e para asegurar o "cumprimento" da Carta Europea de Linguas por parte do Goberno galego. Así, informaron os membros das actuacións emprendidas por o actual Goberno, garantindo que "segue implicado na normalización do uso da lingua nos ámbitos da administración e a xustiza" ou na adquisición dunha competencia "en igualdade" co castelán na Educación. Unhas actuacións que os representantes da Xunta contextualizan "no marco global da política lingüística" no período actual, ademais de destacar o Plan Xeral de Normalización da lingua galega como "documento de referencia".
4 Comments:
Estou-me quedando sem palavras!! Nom me apetece escrever!! Temos que fazer algooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooo!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!
A actitude da Xunta de Feijoó con respecto ó galego recórdame ós 'Wonderbra': oprimen ós de dentro... Enganan ós de fóra.
Enganam aos de fora? Aos que estamos fora? Aos espanhois? Por que nom se explica você misterioso PI, uuuuooooooo!!
Pois entom feijoo nos deve estar deixando cachondissimos aos galegos. Vamos arrassar!!! :D
Post a Comment