sexta-feira, 22 de julho de 2011

Na catedral esperan atopar o Códice "en días" baixo segredo de confesión

Para ler esta notícia, recomenda-se pôr de fundo umha música de circo. Titiriteiros, santinbanquis, algo assim... Ou Bennie Hill, tamem pega bem...

O Códice Calixtino volverá ao seu sitio en cuestión de días. O seu paradoiro revelarase baixo segredo de confesión. Iso é o que asegura un sector da curia no contorno da catedral compostelá, que tamén especula coa posibilidade de que o libro "non saíse" aínda dos límites de Santiago. O crebacabezas da misteriosa desaparición do códice a comezos deste mes podería estar xa moi preto do seu desenlace final, aínda que fontes da investigación aconsellan ir “con prudencia” e non dar todo por pechado.

Fontes do interior da curia relacionan a desaparición do Códice Calixtino coas disputas internas no cabildo da basílica compostelá pola sucesión do actual deán, José María Díaz, “que non quere xubilarse porque o posible substituto no cargo non é do seu agrado”. E iso, segundo as mesmas fontes, “malia a que houbo xa varias votacións que pedían a súa xubilación”. O roubo do manuscrito, segundo esta hipótese, sería unha maneira de “desprestixiar” a figura de José María Díaz e acelerar a súa saída da catedral, dando pé á renovación da xerarquía.

http://www.xornal.com/artigo/2011/07/22/cultura/na-catedral-esperan-atopar-codice-dias-baixo-segredo-confesion/2011072200285200788.html

3 Comments:

Gonzalo Amorin said...

Muito bo Lourenço o da musiquinha!!! hahaha!!! Vaia enleada mais pavera. Tera-o algum coengo agochado... debaixo da cama!!! hahaha!!! E pra isso chamam à policia científica, à Interpol e a Scotland Yard!!! hahahaha!!! Esmendrelho!!!

π said...

Sen dúbida algunha pégalle dpm a de Benny Hill. En calquera caso, xa que non me confeso dende fai uns 15 anos, vou aproveitar e facelo, confesando que topei un códice: códice Kamasutra. Seguro que lles interesa máis ós probes coitados.

O'Chini said...

Nom, nom... na igreja tenhem mais éxito os contos infantiles, especialmente entre os bispos...