quarta-feira, 2 de junho de 2010

Berrogüetto lança na rede um concurso de nanocontos

Aviso aos escrebedores do blog!!! Noticia tirada de Vieiros:
http://www.blogger.com/post-create.g?blogID=1664062648410418299

O coñecido grupo musical Berrogüetto vén de lanzar un concurso para dinamizar o seu Facebook, que xa conta con máis de seis mil seareiros. A proposta é un concurso literario co gallo do seu último traballo discográfico 'Kosmogonías'.

O prazo para participar está aberto até o vindeiro 15 de xuño. Os usuarios da rede social poderán enviar nanocontos (cun máximo de cen palabras) que teñan o kosmos como tema central. O gañador ou gañadores asistirán de balde ao último concerto da xira (Ourense, 22 de xuño) e recibirán un disco asinado por todos os compoñentes da banda.

1 Comment:

Gonzalo Amorin said...

Tenho-os no feisbu, se me inspiro ponho-me! Saudos!