Moito se ten falado da situación sentimental de Feijóo durante a campaña…
Primeiro apareceulle unha enamorada na rede que causou furor despois de ser descuberta a través deste medio, logo a súa nai botoulle unha pequena bronca por dicir que estaba casado con Galicia e Galicia “non lle daba netos“. E agora xa aparece a moza oficial. Un feito que non desminten dende o PP e que aparece publicado en medios afíns. Chámase Carmen ‘Chinny’ Gámir e é xornalista.
Dende as páxinas da web próxima ao PP, Libertad Popular, din que é a “autentica enamorada” de Feijóo e relatan con detalle a relación que manten con el dende hai oito anos. Tamén o xornal Crónicas de la Emigración se suma a falar da noiva do próximo presidente da Xunta asegurando que é unha especialista en emigración. Chinny Gámir acompañou ao líder popular na viaxe que esta pasada fin de semana o levou a Arxentina e Uruguai. Quen a coñece asegura que é unha moi boa profesional e moi comprometida cos temas da emigración.
http://galiciaconfidencial.com/A Noiva de Feijoo
0 Comments:
Post a Comment