Pois iso. Ana mais o menda casamos en semtembro. Na vispera do meu aniversario. A celebración vai ser moi familiar. Non gostamos, e non podemos facer un grande evento. De todos xeitos faremos outra celebración con tod@s vos. Ainda que non o demostremos moito témosvos en moi alta estima. (A familia non se elixe, os amigos si). Como puxen por aí ímonos a vivir a A Baña (nun par de meses) esperamos as vosas visitas.. de media hora ou dunha semana. E pouco mais.. o debuxo e de Ana, é a base da invitación.
quarta-feira, 4 de março de 2009
Subscribe to:
Postar comentários (Atom)
15 Comments:
QUEEEE!!!!??????? MIMÁAAA!!! A xente vai caendo e de que forma! I eu que pensaba que iso de casarse xa non se levaba...que tradicionalitos saides todos hehe. Sí,si agardo unha pequena festa como coas que sempre nos deleitas no teu cumpreanos. Non teredes encargados un querubín tamén Papi Gustavo? Esto de sentar a cabesa...i eu que me sinto mais xoven agora que cando tiña 20 anos...NORABOA AOS DOUS! E moi simpática a postal...
Mamma! Que inesperado e descolocante! É a noticia máis impactante publicada en toda a historia deste blog, igual que Zzini cos sms!
Enhoraboa os dous! Sodes tal para cual así que vos vai ir de puta madre!! Xa avisaredes da celebración! Que sexades moi felices, de corazón!
Joder!!!!Case caio da silha!!!
Ti escreves pouco, pero cando escreves arrasas!!! Mecaghonamar!!!
Milhons de parabens!!! Di-lhe a Ana que que moi chula a invitaciom. Di-lhe que escreva umhas linhas por aqui!!
Por certo, a proxima vez que nos vejamos jogaremos um partido casados contra solteiros....hoho...:D.
O de viver na Banha, joer que guai. A mim cada vez me tira mais tamem o campo, e menos os mamotrecos de asfalto. O Pazo Da Ponte volve a vida!!! Tes que deixar barba e fumar em pipa, logo berrar-lhes aos gustavitos, que se saem a metade de fedelhos que ti, pobre Ana!!! Hehe....Felicidades de novo pola paso adiante!!!
Reostia!!!! O Tavo marca a ferro!! Que nom tremam os ceus...que ai vai!!! Godeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeerrrrrrrrrrrrrrrrrrrr!!!! Hehehehehehe!!!!! Pois todos os parabéns que se poidam dar para um evento de tamanha importância!!! Ao final todos vamos caindo!!! Até o mitificado Gustavete!!! Que reais estam sendo estes tempos! Duramente reais!! Nom nom ponhamos choromicos que isto é motivo de festa!!! Dá-lhe um bico a noiva e muita felicidade!!!! Já nos vemos!!! Dá-me que vou quedar de champion!! hehehehehehehehe!!!
Esta e unha de esas noticias que cando as oe dis: coñoooo!hay esperanza non mundo!! si casa o gustavo... pode chegar a paz o mundo... pode acabar logo a crisis economica...pode para o cambio climatico...recuperarse o mundo!!Esta e unha de esas noticias boas, que te alegran, porque cando casa e nos da unha boa noticia, un gran amigo sempre e motivo de ledicia, este e un deses casos NORABOA OS DOUS!!Gracias por devolvernos a esperanza!!Apertas e sorte
Nho!!!!
E ti, quem ves sendo???
Eeera broma Mingo!!!! :P
A ver... quen carallo nos meteu nesta cámara oculta macroxigante... primeiro o simulacro ese de que gañaran as eleccións os do PP e agora resulta que casa Gustavo...
estades de coña ou que? quen hackeou este blogue?
P.D: Sen sair da sensación de abraio... centos de parabéns aos implicados, xa nos veremos!
P.D2: Por favor, se alguén se entera de cando son as eleccións de verdade que avise, que isto do simulacro quedou coma o carallo
grazas polas noraboas a todos! e para despexar algunhas dúbidas, o unico que temos encargado e un canciño pa que nos faga compaña.contade como non cunha super festa na nosa casiña na baña a que tosdos estades convidados.
Bueno Gonzalo, iso de que vas quedar de Champion...eu nen sequera teño parella hehe, e inda asi creo que podo ter fillos antes que casar, que tampouco estou pola labor, vamos. A este paso o meu será criar ghatos a mansalva haha...
Saudos Chomin!
Joerrrrrrrrrrrrrrr!!!!!! o que me acaban de decir cando cheguei a casa!!!!! moitas felicidades os dous de corazón.A dicir a verdade foi unha grande sorpresa e como di o meu HOME(vaite acostumbrando a usar este termino Ana :))cando Gus escrebe faino de verdade!!!
Moitos biquinhos e.........a ver cal será @ seguinte.
FESTA RACHADA!!!!!!
Manda carallo na Habana!Abraidamante petrificado quedei. Dende logo, é ben certo que a realidade supera á ficción.
Parabéns aos namorados, e que siga o ciclo da vida e as novas xeracións nos poidan pagar as pensións ;-)
Ai jasús, van coma tolos!
Hei Gus, seica toleache!! Bueno, que sexádes perdices e comades felices!!
Moitas felicidades desde o Trópico, Gustavo (e senhora)!! Outro máis (eu) solprendido e contentado... vivan os novios e a repoboación do rural!! Hip-hip Beleza!!!
Ese Poldo!!. Xa che daba por perdido!!. Grazas a tod@s. Ainda nono creo, vexo como algo lonxano, coma o final da carreira. Pero quen sabe ..o día menos pensado.
Por agora escomenzamos a mudanza e xa mete medo!!
Post a Comment