terça-feira, 17 de março de 2009

Paris, Paris...

Mimá, falto uns dias e a de entradas publicadas que hai! que productividade, sí señor.
A verdade é que a miña viaxe a paris de 3 dias non é tan espectacular como as aventuras tan fascinantes que está pasando Cris na China, pero cando eu vaia a Xapón (algun día non tan lonxano), xa non me darás tanta envidia!

Cheguei hoxe mesmo e estou algo cansa pero como non dou durmido, estiven entretendome en preparar unhas cantas fotos e comentar resumidamente a viaxe: París é unha cidade preciosa, e de noite é impresionante, por algo a chaman a cidade da luz. Fin. Hehe.

O meu francés inda é bastante básico e so me sirve para preguntar direccions, pedir no restaurantes, comprar e pouco mais, pero a ventaxa e que entendese bastante ben. Unha das cousas que mais me gustou foi visitar o museo de Orsay onde estan moitas das obras míticas de degas, tolouse lautrec, Gauguin, van gogh, monet...emocioneime mais dunha vez vendo algun cadro. Poder acercarse e ver as texturas e pinceladas, descubrir os seus segredos iso é impagable...Tiven que descartar á monalisa, non había tanto tempo, e ademais creo que está sobrevalorada. Outra vez será...

Respecto aos meus compañeiros de viaxe, fun co alumnos da escola de idiomas. Eramos 26 pero a xente maja creo que a podías contar cos dedos dunha man...hehe. Inda que eu fun á miña bola con unha compañeira. Había xente ben rara, un tipo andaba todo o rato coa sua rata de peluche que saia dun neceser de "lentejuelas" (???como se di eso) vermellas, poñía enriba da mesa nas comidas, faciase fotos con ela...en fin.

Unha cousa que me raiaba moito é o fanatismo que ten a xente por facer fotos de todo, de todalas formas, ata un caso extremo dunha rapaza que foi ao Louvre e debeu de ver todos os cadros á traves da pantalla da súa cámara, a ver ¿que sentido ten eso? Para iso comprate un cátalogo do louvre que os cadros sairán fotografiados como dios manda! Non hai cousa que mais me aburra que a típica foto de "eu + o monumento" sobre todo en viaxes tan trillados como París e outros sitios que inda que non foramos xa case sabemos como son de forma virtual, non digo que no haxa que sacar unhas cantas fotos pero a xente se pasa...Así que nun intento de rebelion contra iso, fixen esta pequena seleccion de fotos sacadas co móbil dándolle o meu pequeno toque persoal...Agardo que vos guste. un bico!




Baño do aeroporto Charles Degaulle....



Que farían esas gaivotas perdidas nunha fonte de Paris?







5 Comments:

Edu P. said...

Marta.. eres unha artista! mira que molan as túas fotos "ilustradas".

E do tema viaxe... eu non controlo moito de arte pero Orsay moloume mil veces mais ca o Louvre (home, tendo a oportunidade ao Louvre hai que ir dar un paseiño sen moitas pretensións) pero tendo só duas horiñas ou así para escoller un museo ou o outro, eu quedo con Orsay de cabeza

O'Chini said...

A mim molou-me a do crocodilo saindo do water. Joer que acojone!!!!!! Imagina-te!!!!!!!

Por certo, isto das cisternas e duchas com botons ocultos e-che umha risa...Mais dumha vez nos hoteis nos que tenho que quedar tenho pasado minutos e minutos depois de ..ejem...ou antes de me duchar buscando o mardito chisme!!! Joder, deveria haver um estandar internacional!!!! :D

The Sobrado said...

Ai, pois eu fun de cabeza ao Louvre inda que me recomendaran abertamente o Orsay tamén. Queda para a próxima logo. Que o pases ben, Marta!

Gonzalo Amorin said...

hehehe!! Umha fotos bem paveras! Eu tamem estou em contra da foto facil. Abaixo as cámaras digitais!!!

crisbodelon said...

Que artista estas feita, muller! As veces e certo que un se sorprende mais interesado en sacar a foto perfecta que en desfrutar do que ten diante da vista!
A min Paris fascinoume, xunto con Venecia, dos lugares con mais encanto nos que estiven!
Xapon esta cercano, pequena saltamontes!