Perdoade a cita en español a Celtas Cortos, pero é que o refrán desa canción cantando con carraxe hai días que me fai moito ben como laxante (é dicir, para cagarme en todo)
Malos y cobardes, malos y cobardes.
Rompen ilusiones y son insaciables.
Malos y cobardes, malos y cobardes.
No serán felices y ellos bien lo saben
Ou en versión "celsoemiliana"
[...] patufos desleigados,
pequenos mequetrefes sen raíces [...]
O conto é que entre as primeiras medidas do novo goberno "do pobo" (popular) van estar as relacionadas con esa perversa imposición do galego ("alabadosealseñor") da que o novo goberno "do pobo" (popular) nos vai liberar ("deamosgraciasadiós").
O conto é que unha dentro de todo ese debate "vil-lingue" (merda, parezo Jimenez Los-demonios con tanto adxectivo malintencionadamente modificado)... volvo ao rego.... dicía que nese suposto debate merdento, unha das teimas dos Bilingües e demáis tropa era que o famoso decreto do bipartito obrigaba a como mínimo impartir o 50% das asignaturas en galego.
Pois ben, os "malos y cobardos", patufos desleigados, pequenos mequetrefes sen raíces que din que van solucionar iso, xa tiñan aprobado exactamente o mesmiño cando estaban no goberno (co axente 009 de vicepresidente):
O Plano de Normalización lingüística aprobado daquela (en 2004) co apoio do PP dicía entre outras cousas que tanto “na educación primaria” coma “na educación secundaria obrigatoria” e “nos bacharelatos”, as autoridades educativas están obrigadas a “garantir que, como mínimo, o alumnado reciba o 50% da súa docencia en galego”.
É dicir, os malos e cobardes, son tamén maliciosos mentireiros incansábeis!
sábado, 7 de março de 2009
MALOS Y COBARDES (J.H. Cifuente dixit)
Posted by Edu P. at 14:15
Subscribe to:
Postar comentários (Atom)
1 Comment:
Si, meu amigo...
Esperan-nos tempos dificeis, moi dificeis...Vam botar abaixo moitos dos timidissimos avanços que se fixerom nestes 4 anos. Quem nos ia dizer que com Fraga nom estavamos tam mal!!!! El polo menos contia aos elementos antigalegos que hai no PP e que hoje em dia volvem aflorar. Na Corunha, por exemplo, o PP já quere botar abaixo a relativa "pax romana" e recuperar o "La Coruña" de Vazquez. Bufff....que futuro!!!
E por continuar co dos decretos e modelos educativos, nom hai mais que olhar para as Baleares, governada polo PP, que tem um sistema de ensino ainda mais ambicioso do que o aprovado polo próprio Bipartito. Que peninha damos, meu Deus!!!! Isso já sem entrar a comparar com Catalunya onde vam aprovar umha lei para que se dobre ao catalam o 50% do cinema.
Isto da "libertad para elegir de los padres" é um conceito manoseado e falsísimo. A educaçom deve estar regulada polas admisitraçons, por especialistas. Por isso nom andam preguntando-lhe aos pais "quiere que su hijo aprenda lo que son el minimo comun multiplo en matematicas, o El Capital de Marx en filosofia?".
Hai que toma-lo com humor, responder com retranca, é o que nos queda.... Como dixo algum numha destas infumaveis "opinion del lector", "ya puestos a elegir, yo elijo que a mis hijas les de gimnasia un morenazo cachas." :P
Viva a Idiopública!!
Post a Comment