domingo, 1 de março de 2009

Desolaçom

Polo visto os galegos premiarom aos ¨honrados, defensores do pais e da sua cultura, anticaciques e aos do jogo limpo¨.

Parabens a La Voz de Galicia. Demostrou que tem moito, moito poder.

Assi somos. Vou dar umha volta e tratar de esquecer toda esta merda....

6 Comments:

Gonzalo Amorin said...

Nom te imaginas a carragem e tristura que sinto!! Este é o começo da fim. Tam só nos resta dessesperar ou botar-nos ao monte. Adeus a um Estatuto digno, adeus à língua, adeus as galescolas, adeus ao País. Nestes quatro anos que restam vam acabar com nós! Merda de País de ananos mentais! Queda por ai amigo, nom venhas!

O'Chini said...

Caro Gon, somos umha espécie em perigo. Vai-nos passar como aos Bersek....

Sem embargo penso que nom é a nossa culpa, senom dumha torpe admisitraçom de certas pessoas....

O BNG nom vai governar Galiza na sua vida... Já vai sendo hora de que se dem conta dumha puta vez. Hai que asumi-lo.

Hai que refundar o nacionalismo completamente. O BNG tem-se que disolver e começar de cero. Que a esquerda e a dereita nacionalista se busque a vida por separado, como no resto dos paises. E se se afunde eleitoralmente a esquerda (como tamem se afunde na Espanha), que polo menos nos quede um partido centrista-liberal galego. Que sorte tenhem os vascos e catalans, que podem elegir!!!!

Tamem, é verdade, que certos politólogos e politicuchos que se dim a si mesmos "nacionalistas de centro" som uns covardes absolutos. Nom lhe votam os huevos suficientes para montar um partido com jeito. Prefirem seguir ao calorcinho das listas do PP, ou dando aulas na facultade em Santiago.

Ah, esquecia: hai que acabar com ese cheiro que a gente ainda percebe do BNG. Mudar de siglas, romper dumha vez coas ¨partes do carro¨ e o punho em alto. Já nom som os 70, joder!

E moitas outras cousas relacionadas coa imagem e certo "chachiguaismo", "ou sexa, tio"

gusta_vete said...

Tamén estou de acordo con vo-los dous. (Mais con Chini,prefiro non ser tan pesimista coma Gonçalo. Polo menos espero que non-o consigan nin en catro nin en catrocentos anos). Sempre hai alternativas. O que fai falla é un cambio, pero de verdad. Non o que pasou nesta lexislatura, que casi non se apreciaron os cambios bos, e si se viron as cousas malas.
Veña, saude o primeiro; e a falta de república e país... pois intelixencia (entendida como adptación ó medio) e saber disfrutar das cousas boas da vida, que algunhas ainda ai.

O'Chini said...

Eeeei gusta_vete!!!

Que alegria ler-te de vez em quando, home!!!
A ver quando posteas algo em portada!!!

O'Chini said...

Por certo, moi bom o da intelixencia entendida como adptación ao medio. Gostei!!

Ogalha que os da "loita de clases","partes do carro", "e punho em alto, companheiro" deixem dumha p. vez livre ao nacionalismo para se adaptar a sociedade real... a dos podcasts, cidades pijas, ryanair, empresarios, asalariados, autonomos, peluqueras, travestis e intervius. Assi 'e a realidade....o resto j'a nom existe....

gusta_vete said...

esa definición de intelixencia díxoma una psicóloga a que fun cando tiña 20 anos. Tratei de aplicala, pero non me saiu moi ben. Sigo a facer intentos... e agora vou cambiar de medio. Ana mais eu decidimos irmos vivir a A Baña. Hai moitos motivos e sinceramente creo que mellorará a nosa esperiencia vital cotidiana. O pisiño en milladoiro está ben, pero non é santiago.. (que tampouco é o que quero agora). Así que a vivir ó rural, que parece que mo pide o corpo, e xa que podo.