segunda-feira, 2 de março de 2009

Desolaçom...pero mañá hai que reaxir

A vida segue. E haberá máis batallas. O que non se pode facer é seguirlles o xogo e dalo todo por perdido. Precisamente todo o contrario: se esta vez se empregaron tan a fondo é porque viron a potencial magnitude do contrincante. Esta vez saiulles ben, pero que lles saia ben máis veces depende de nós, non deles. É a nosa responsabilidade que isto non ocurra novamente, e para iso cómpre intelixencia, pragmatismo, tenacidade e constancia. Xa asumides que non temos iso? Xa vos desmotivou como fixo nestas eleccións con moitos votantes? Alguén cometeu a inxenuidade de esquecer como é o PP, e o que está disposto a facer polo poder? Queredes que consigan o efecto que están buscando?

Hai unha anécdota de Edison, o inventor da bombilla incandescente. Seica tivo que ensaiar 1000 veces antes de conseguila. O pensamento convencional establecería que fracasou 1000 veces. El afirmaba que descubriu 1000 xeitos en que non se podía fabricar unha bombilla.

Nesta campaña gañaron a batalla da axenda mediática e a das ideas. O que non poden é gañar tamén a da moral, non mentres queden batallas por librar, e quedan moitas...

6 Comments:

O'Chini said...

Benquerido Ugio, bonito exemplo o de Edison. Pero desafortunadamente em politica nom podemos fazer intentos cada 5 minutos. E divido moito que nas seguintes eleiçons haja bipartito, e menos governo em solitário do BNG. Como dixo A. Reixa numha análise, "Nalgún sitio do inconsciente do país teremos que encontrar un cacho de ilusión porque, para ben ou para, mal hoxe é o primeiro día do resto da nosa historia."

Eu me desfago em análises de que caralho passa com Galiza...

O dia que chegue á conclussom de que a gente galega vota conscientemente a um partido que trabalha por fazer-lhe a vida máis fazil aos madrilenhos que aos proprios galegos tanto no cultural como no económico, monetário e empresarial, entom deixo de interesar-me por todo isto. Convencerei-me de que Galiza está destinada a desaparecer como realidade, e se convertirá no jardim de atrás de Espanha. Aonde ir a tomar uns mariscos, jogar ao golf ou ir á praia. Pero de vida laboral séria, nada. Porque todas as empresas nom reinvirtem um caralho em Galiza. E que conste que o digo sem ánimo de mal para os madrilenhos, nem para nengum outro, pero mentres eles miram polo seu bem, nós parece que nom miramos polo nosso e nos deixamos levar.

A verdade, é que eleiçom tras eleiçom nos damos de frente coa mesma realidade: o nacionalismo nom avança.

Por que? O mítico auto-odio? Ou hai razons máis mundanas? Arrastra o BNG umha negra sombra que é incapaz de sacar-se de encima?

Por qué tampouco levanta cabeça Esquerda Unida, nem em Galiza, nem em Espanha?

A quem votam os nacionalistas de centro e centro-dereita? Ao Bloque ou ao PP?

Vai sendo hora de refundar o nacionalismo, mudar de siglas para que os que sejam de dereitas se vaiam para um partido, e os de esquerdas para outro. Assi ninguem ficará desencantado, como aconteceu agora, com Quintana pescando em certos caladoiros.

E logo, se é o socialismo da UPG ou o liberalismo do PNG o que nom dá colectado votos, polo menos que nom o pague o nacionalismo no seu conjunto, como si acontece agora.

O galeguismo fica orfo e deslegitimado. O pais está em mans de Corina Porro, Mariano Rajoy, Rosa Diez e como nom, Alberto Feijoo e Santiago Rey-Latorre ou como se chame.

Oishu said...

Tes razón. En calquera orde da vida, é evidente que cando se quere que algo cambie non se pode seguir actuando do mesmo xeito.

Se se segue polo mesmo camiño, iremos de derrota en derrota ata a marxinalidade.

Anônimo said...

Como di o meu xefe: "Mesmos esforzos, mesmos resultados."

Non sei, sempre dixen que o problema de Galicia non está en Madrid, está dentro do pobo, son os galegos os que votaron, se non se arranxa ese problema de raíz, seremos ese xardín e atrás de España, pero repito, o verdadeiro problema non está fora,está entre nós e nós somos os responsables do sucedido. e de buscarlle a solución. Agora hai moito que facer e que reflexionar.

O'Chini said...

Caro Oscar,
quizá foi um mal exemplo falar de Madrid. Tes razom que o problema nom está fóra, senom dentro.

O que queria dizer é que aos galegos parece que nos agrada que se levem as nossas riquezas a outras partes e que nom obrigar a quem produze em Galiza reinvirta em Galiza.Está de moda montar umha empresa, e cando che vai bem irte co dinheiro a outra parte. Ademais, que caralho, a gente o aplaude em vez de exigir que cree riqueza na terra que lhe dou o exito.

Tamem parece que nos agrada que governem delegaçons de partidos na vez de partidos própios...

Pero concordo contigo, o problema é nosso, porque a chave para sair deste buraco está na nossa mam.

crisbodelon said...

Hai moito que analizar e que cambiar, pero o noso problema ten unha raiz moi profunda que comeza nunha ignorancia que mete medo.
Non vin nunca un lugar igual no que reine a incultura deste xeito como na Galiza. A inmensa maioría non ten idea de nada.
En España pasa outro pouco do mesmo, pero a súa realidade política é moito máis simple: dereitas, esquerdas, fachas, roxos.
Pero aquí a xente confunde allos con cebolas. E os políticos interesados encárganse ben de confundir ó persoal como bos demagogos.
É así o conto. Preferiría que estes resultados foran produto dunha maioría de fachas concienciados, antes que ser testigo dunha cidadanía que non ten ni papa do que escolle.
De que nos valen os votantes do BNG e do PSOE que non estean concienciados? Á próxima lexislatura poden cambiar o seu voto.
Nada, o único camiño é a culturización e información da poboación! Pero, de que xeito?

Gonzalo Amorin said...

O problema temo-lo os galegos, pero nom esqueçamos nunca de onde viu. Eu, pola minha banda, nunca lho hei perdoar. Nunca!!! Fixerom de nós umhas "ouvelhas"; mansos, dócis, castrados!!!!! O nosso problema é umha doença, com os seus síntomas e com umha clara etiologia: HESPANHA!!!!!! Dis que o mal triunfa quando os homes bos nom fam nada por remedia-lo. Haverá que botar-se ao monte mais umha vez? Poida...