sexta-feira, 7 de maio de 2010

Un destello de luz

Chove tra-lo cristal en Santiago na tarde clara.A camareira empézaselle a acumular o choio e mira con desesperación para todos os lados.Dous amigos rebaten sobre se Messi e mellor que Cristiano Ronaldo, mentras apuran a última caña.Dúas universitarias discuten se a tal Clara e media putón ou se polo contario lle baila a cabeza un pouco últimamente.Un home entra cunha pistola e mira para os dous lados, e eu fago que non vexo nada.Lady Gaga baila na tv axena o que sucede na realidade tra-la pantaia.Entra Xoán e fago que tampouco o vexo, el faino moitas veces de ahí que alguén lle puxera de mote Tartufo.É extraño en min pois son bastante falador pero é que estou entretido observando a escea na que unha muller entra no bar e sen mediar palabra lle chama porco o que se supón a súa parella .Este cala ponse vermello, mira para mín e eu miro para pantaia.Agora falan baixo e eu que nunca presumín de oído quedo coa intriga de saber porque lle chamou porco.Un pouco cara de porco ten pero supoño que será por outras causas.A camareira resopla e abaixase para coller unha caixa , motivo que aproveita o Paco de turno para mirarlle o escote, ela dase conta e colocando a camiseta volve a resoplar.O Paco quita o palillo dos dentes e ri disimuladamente.Doulle un grolo a miña caña e observando na distancia cruzo olladas cunha loira desas que levaba Loquillo no seu Cadillac solitario, desisto porque non quero namorarme dúas veces seguidas no día.Penso no final de tarde que me espera e resoplo coa camareira que a estas alturas xa entablou conversación co Paco.Parecía tonto o Paco.

Miro para fóra e a tarde cambiou de cor agora e laranxa. Xogo de luces e cores na tarde compostelán.Recollo as cousas e conmigo tamén se vai o ficticio pistolero creado para que lerades o texto ata o final.

4 Comments:

Gonzalo Amorin said...

Vaia! Vaia, vaia!! Que bárbaro chico.

Maria said...

Pabliño...eu leríao igual aínda que non puxeras o do pistoleiro!. Xa sabes a min o que me gusta estes relatos autobiográficos ;)

Maria said...
Este comentário foi removido pelo autor.
O'Chini said...

Cal e o local...?hehe

Bem escrito! Gostei!