Na dirección que deixo a continuación poderedes atopar un artigo do profesor Beiras, publicado onte no xornal GaliciaHoxe. A "algúns badocos de vila podre", concretamente a un que "pariron no soberbio cimo duns peares" proeríalle o corpo enteiro se fose quen de o ler...
http://www.galiciahoxe.com/opinion/gh/there-are-several-ways-to-love-galiza-ou-hai-varios-gheitos-amar-ghalicia-ou-mate-porque-era/idEdicion-2010-05-23/idNoticia-550218/
segunda-feira, 24 de maio de 2010
"There are several ways to love Galiza", ou "Hai varios gheitos de amar a Ghalicia" ou "La maté porque era mía"
Posted by Manolo at 11:53
Subscribe to:
Postar comentários (Atom)
2 Comments:
O Beiras, brutal! Gostei mesmo, nunca lera algo del com este nivel de xenreira! É o que fai falta, caralho!! Adiante!!!
"Que manda truco que agora lle veñan coa andrómena do trilingüismo a un povo no que a xente do común do meu tempo xa foi trilingüe ou mesmo tetralingüe á forza, e ben sabe o que é iso: ter que aprender idiomas que non son o seu pra lles falar en cadansua lingua aos amos de acó e de aló, de dentro e de fóra, que os amos nunca se rebaixan a aprenderen o dialecto dos servos, faltaría máis"
"E en español, cando o emprego cos habitantes monolingües de Terra Ancha e outras bisbarras estranxeiras, adoitan dicir que o falo e escribo con decoro, millor que moitos diles, seica, e moito millor ca os pailáns de cidade colonizados de acó, que seguramente por iso reclaman que o milloren os seus vástagos, misión imposíbel onde as haxa por mor do imperativo xenético."
Sigo sen entender porque carallo se pon @ para falar do sexo femenino.Señores políticos e demais xentes: entendemos que se engloba xa o sexo femenino sen necesidade do @.
En relación o texto leva razón o señor Beiras no texto, sen embargo penso en relación por exemplo ó inglés: xa non é que cha esixan os señoritos, por diversas circunstancias a nivel global polo momento é a lingua universal.Ésixenlla ós galego ós franceses e ós italianos...
Post a Comment