quinta-feira, 27 de maio de 2010

LOGO DE PERMANECER VARIAS HORAS DETIDO En liberdade un concelleiro do Partido Socialista de Euskadi que lle chamou “chupóns” aos príncipes españois

Entom nom havia liberdade de expressom no Estado espanhol!!!


Luís Méndez Gallego, un veterano militante do Partido Socialista de Euskadi, quedou en liberdade despois de permanecer varias horas detido por terlle chamado "chupóns" aos príncipes españois. Os feitos tiveron lugar este martes pola tarde en Bilbao cando Felipe de Borbón e Letizia Ortiz participaban nunha entrega de premios.

Méndez Gallego, concelleiro socialista no municipio de Berriz, berrou consignas contra a comitiva real ("Abaixo a monarquía") e foi detido pola Ertzaintza por non obedecer aos axentes que lle pediron que estivese calado.

Segundo o diario Deia, Méndez gallego, colaborador en diversos medios de comunciación vascos, “é un coñecido militante socialista á antiga usanza e con moi arraigados sentimentos republicanos”. O edil tamén lidera unha asociación de traballadores autónomos en Euskadi.

6 Comments:

O'Chini said...

Na TVE cortarom justo quando o tipo começava a dizer porque os Borbons som uns chupópteros, ademais em plena crise....os únicos que nom vem recortes.... bah....que nojo todo...

O'Pablo said...

Ven ó caso o artigo 390.3 do Código Penal español que nos dí:

"3. El que calumniare o injuriare al Rey o a cualquiera de sus ascendientes o descendientes, a la Reina consorte o al consorte de la Reina, al Regente o a algún miembro de la Regencia, o al Príncipe heredero de la Corona, en el ejercicio de sus funciones o con motivo u ocasión de éstas, será castigado con la pena de prisión de seis meses a dos años si la calumnia o injuria fueran graves, y con la de multa de seis a doce meses si no lo son.".

Poderá parecernos mais ou menos inxusto ( eu particularmente prefiro darlle prioridade a liberdade de expresión dentro dun límites)pero o certo e que é un delito tipificado no ordenamento xurídico.¿Detención?, bueno, a min pareceme aplicar un pouco estrictamente este artigo,ó mellor unha queima da bandeira ou ameazas reiteradas si encaixan mellor neste suposto e non uns simples insultos.¿Porque se produceu a detención?, probablemente por a condición do suxeito que emitiu as descalificacións,un concelleiro que ostenta unha función pública.
En este sentido pódese entender coma un ataque a un poder do Estado por parte dunha persoa que pola súa condición (representante dos cidadáns)debe ter unha especial cautela nos seus actos, e dicir unha especial dilixencia polo cargo que obstenta, de ahí a detención.Esta é a miña interpretación.

O'Chini said...

Nom, que a lei está a seu favor, isso seguro, para isso lhe fixerom um estado á sua medida.

A lei é injusta. E cada vez mais gente -espanhois incluidos- se está dando conta.

Viva a República!

Gonzalo Amorin said...

Claro que a lei está do seu lado, mas às vezes, muitas vezes, para fazer justiça compre estar fóra da lei.

Viva a República!! E se é galega, melhor.

O'Chini said...

Viva! Vivá!!!
Plasplasplas plas!!!

(hehehe...parece isto um mitin lá polos 30 hehehe)

Gonzalo Amorin said...

Como dizia o cura Basílio Álvarez: "Às vezes o incenso cheira a dinamita". Lume!!!

Viva a República!!