segunda-feira, 2 de junho de 2008

PELÍCULAS INTERESANTES 2008

Ola a todos os compañeiros do blog! Ante todo, sinto aportar tan escasa colaboración ó blog, pero ando a 1000 por hora nestes Madriles, preproducindo, rodando e editando. Xa temos unha premontaxe da curta, agora queda doblar á nena (que complicado é traballar cos peques, pouco naturais interpretando), posproducir o son e meterlle música, que con sorte conseguiremos a colaboración con Sergio Moure, compositor galego, residente en Madrid, nominado a un Goya pola BSO de Inconscientes. Cruzarei os dedos!O videoclip vanno poñer no canal Sol Música e o spot seguramente nas pantallas de proxección permanente do Rock in Rio!! Por agora todo rodado! Tentarei colgar algo no blog, pra que opinides!

Pero este non é o motivo polo que me animei a escribir. Unha das ventaxas de vivir no centro da cidade é que teño ó lado uns cines, os Yelmo Ideal, nos que proxectan pelis bastante alternativas en versión orixinal e eu, que son de sempre unha fanática de ir as salas, pois encantada da vida, polo que este ano teño visto moi boas pelis no cine. Quería entón facervos algunhas recomendacións, por se todavía podedes desfrutar dalgunha destas xoias nas salas ou senón no videoclube ou descargándoos da mula, tanto da. Aí van, nunha orde de interese aproximada:

- CUATRO MESES, TRES SEMANAS, DOS DÍAS.
Increíble película. O mellor do ano, tamén dito polos críticos. A trama vai dunha rapaza que quere abortar en abanzado estado de xestación no país rumano. Unha odisea, claro. O máis interesante é o refejo que se fai desa sociedade. Moito plano secuencia, a cámara permanece quita mentras a acción ten lugar. é tan contundente que non se necesita de máis artificio.

- LA ESCAFANDRA Y LA MARIPOSA.
Mamma mía! Que peli tan cruda. Baseada nunha historia real. Un home de éxito que traballa para a revista Elle, que ten todo o que pode desexar, dalle de repente unha especie de derrame cerebral extrano quedando co funcionamento do pensamento perfecto, pero fisicamente paralizadom o único que pode mover do corpo é un párpado, e aprende a comunicarse co exterior parpadeando. Créanlle un sistema de lenguaxe no que é capaz de expresarse mediante este pequeno movemento, sendo capaz de escribir un libro sobre a sua vida, antes de morrer dunha neumonía.
Impresiona moito.

Bueno, locos, debo marchar agora, que morro co sono, prometo seguir enumerando as miñas recomendacións.

Aperta xeralizada!! Ide pola sombra!

Cris.

1 Comment:

Marta said...

Hola cris! estas duas pelis teño ganas de velas, comentaronme que a primeira é bastante cruda, sobre todo mo dixo unha persoa que sufriu nas suas carnes o aborto e por iso lle afectaría máis. Faláronme ben delas.

A última peli que fun ver foi "Mil años de oración" de Wayne Wang. Gañou a "concha de ouro" do festival de San sebastián. Non está mal...

Biquiños e xa comentarás como vai a curta.