quarta-feira, 18 de junho de 2008

A miña palla mental cos anos luz...

A ver se me pode responder algun dos físicos que andan por aquí ou calqueira que esté posto no tema. A verdade é que é unha chorrada o que vou a comentar (quedades avisados), pero agora ando chinada e quero aclarar esta dúbida chorras:


O outro día estiven vendo a pinicula orixinal do Planeta dos simios, a de Charlton heston. A pelicula e do 68, creo que inda non se puxera o pe na lúa e quedaban moitas cousas por averiguar e descubrir a nivel cientifico (a recreacion do espacio e da nave espacial deixaba moito que desexar). De feito os tipos cando se estrelan no suposto planeta descoñecido, non analizan se a atsmosfera e respirable ou non, e saen tan campantes sen casco nen nada. Pero non quero liarme...

Xa sei que todas estas caralladas non son posibles, pero se así fose,
a dúbida xurdiu porque os tipos cando aterran nese planeta descoñecido afirman que están a 300 anos luz da Terra, que na Terra pasaron dous mil e pico anos, e a eles a viaxe so lle levou 18 meses. Enton pensei que no caso de que viaxasen á
mesma velocidade da luz, ¿como era eso posible? ¿non lles debería levar 300 anos? Tiñan que estar mortos!!!. Sei que un ano luz é unha distancia, e quizais me confunda o termo temporal que aparece na sua definición: a distancia que recorre a luz nun ano... Logo pensei que podería ser que recorreran unha distancia de 300 anos luz en 18 meses se a velocidade fose moi superior a da luz. Pero o capullin de Diego;) fixome dudar... aferrouse á idea de que o viaxar á velocidade da luz o tempo non pasa igual, e que supostamente podes vagar polo espacio a esa velocidade durante 300 anos sen envellecer da mesma forma. Mais penso que se viaxas dez anos polo espacio á velocidade da luz, pode ser que na terra pasaran tropecentos anos ou os que sexa, pero esos 10 anos non chos quita nin dios, digo eu, e non che digo 300!!!
O meu razoamento é erróneo? Necesito que me miren a cabeza? (Perdoade pola narrativa tan burda, pero escribir coherentemente levame moito tempo e dame pereza.... vexo aquí tan bos escritores)

Unha aperta....

6 Comments:

O'Chini said...

Efertivamente Diego tem razom, ainda que ti nom vas mal encaminhada.

Se o planeta ese esta a 300 anos luz, isso significa que a milhorinha das naves que os humanos poderiam ter (umha que fosse case a velocidade da luz) tardaria 300 anos em chegar. Pero olho: 300 anos para os observadores estaticos, e dizer para os que quedasemos na terra ou vivendo nalgum planeta... Mais para os que estam viajando, o tempo passa mais despacio. Canto mais cerca estes na velocidade da luz, mais despacio passa o tempo. E se acadasses a velocudade da luz (impossivel para a materia, mais nom para a proprios fotons), entom o tempo nom pasaria. (chachaaaam).

Resumindo: os anos luz efectivamente som o que parecem: o tempo que lhe leva a luz viajar a um sitio, pero observado desde fora. Desde dentro, o tempo passa mais amodo, e chegas fresco como umha leitugha.

Se puidesemos ver cumha camara de TV os astronautas que viajam numha nave espacial que viajasse ao 95% da velocidade da luz, veriamo-los como a camara ultra lenta. Um segundo deles seriam dias dos nossos.

Para terminar, dizer que o mesmo efeito acontece se te atopas (ou alcontras segum diria Pucho) perto dum objecto massivo (moi massivo) como um burato negro, ou umha estrela bem grande.

O'Chini said...

Por certo, grazas a todo este rolho, a penicula tem sentido: eles voltam a terra 300 anos depois e nom palmarom, porque so passarom messes para os ocupantes da nave.

triquitram....

Marta said...

A ver se o entendin ben. Os protas chegan aun planeta que está a trescentos anos luz da terra (o que non saben e que andiveron dando voltas por ahí e acabaron aterrando na terra de novo). Iso quere dicir que inda que so tardaron 18 meses en recorrer esa distancia debido que a esas velocidades o tempo pasa máis lento, para os de fora(terrícolas) pasaron 300 anos, esa viaxe levoulles ese tempo ¿Non?. Pero hai un dato que non me cadra, ¿por que afirman logo que na terra pasaron dous mil e pico anos e non esos 300?

O'Chini said...

Bom, se foram a velocidade da luz, tardariam 300 anos em chegar a um planeta que esta a 300 anos luz (para os viajeiros sem embargo, esta viagem seria instantanea), pero se vam mais despacio (imagina-te, ao 10% da velocidade da luz) pois taradariam 3000 anos vistos por nos a chegar ese planeta. Para eles, o tempo que pasaria ja nom seria instantaneo, pero seira moito menor que 3000 anos, tal vez os 18 meses. Os numero concretos haveria que calcula-los detidamente coas equacons, claro.

Marta said...

Creo que xa o entendin, máis se viaxar a mesma velocidade da luz supon para o viaxerio poñerse en calqueira lado de forma instantanea, enton non sería posible que algo viaxase mais rápido que a luz, ¿sería un absurdo? Non me costa nada imaxinar unha velocidade maior pero si o efecto que pode ter no tempo. E ¿Realmente a luz viaxa de forma instantanea a calqueira parte do espacio, non lle leva nen uns segundos?(espero non estar dandote a vara demasiaso con isto...parezo unha alumna da eso)

Marta said...

Vale creo que inda me costa asimilar a diferencia que hay entre o observador estático, que percibe que a luz tarda o seu tempo en chegar a un sitio (8 min do sol á terra por exemplo, e moito mais se se tratan de estrela máis lonxanas...) E a experiencia temporal de ser un mesmo o que viaxa a velocidade da luz, pode que mesture os terminos, menudo lio de ovarios, prufff!!! menos mal que non estou fumada...