Hey Rapaces!! decirvos que xa saiu a venda o EP do meu grupo:
TRISTE LUNES
Fixemos 500 copias que a maioría venderánse en concertos e outras nalgunhas tendas, e non faremos a presentación oficial até Septembro.
Como algúns estades Lonxe e outros Lonxe pero de Madrid, podédelo descarregar pinchando eiquí: http://www.mediafire.com/?dyyyu1sovmn
Espero que vos goste!
Viva Zapata!!!!
http://www.tristelunes.com/
sábado, 28 de junho de 2008
TRISTE LUNES ¡¡¡¡¡¡PRIMICIA MUNDIAL!!!!!!!
Posted by Anônimo at 16:30
Labels: as nossas cousas, música
Subscribe to:
Postar comentários (Atom)
8 Comments:
Noraboa Oscar!!!! Tes que estar moi ilusionado. Gustame moito o diseño do disco: "a pomba da guerra".
Nunca escoiteu nada teu así que botareille un ollo.
Saudos...
Ola Oscar!
Como mola o disco, encántanme as cancións, especialmente nas que cantas ti!!(xa as pasei ó meu iPod).Hei,quero que me gardes un para min, oíches ;)
Por certo, o día tres de xullo saímos de aquí e chegamos a Madrid o día catro. A última hora decidimos quedar un par de días en Madrid na casa de meu irmán. Así que se tes un anaquinho de tempo, poderíamos quedar para tomar unhas copinhas e celebrar o do teu disco e mais a victoria de España :) .¿Que che parece?
Bicos.
Hey maría, pois sería xenial pero me cajo na cona, o día 2 marcho para as Palmas :/
Marta, o deseño e de Alvaro Valiño, o rapaz deseñou pra mais grupos e sempre mete animais de por medio.
Saude!
Heeeeeeeeeeeeeeeeei!!!!
Que cabrom, que bem vos quedou o disco!!!!!!!!!!!!!
Excelente, molam um güevo todas!. A de Triste Lunes molou-me especialmente esse registro profundo da voz. (Reconquistaremos Gibraltar?? Redios!! Hor hor!! :D)
Agora a difundir o trabalho, nós ajudaremos-te dando-vos a conhecer entre os nossos colegas, talvez podas vir dar um concerto por Santiago... ou por Chicago! he he... Hei umha pregunta, vades ofrecer a descarga livre dos temas?
PD1: A ver se nos vemos entom por Madrizzz e nos tomamos uns grolos á saude de Al.. digo... Esp... horl!!!! Uns grolos á nossa saúde. :D
PD2:Vaia, adiantaches-te no comentário.. e quando voltas das Palmas?
Hei Lorenzo!!!!
molate a frase de Gibraltar eh? jor jor e como cando estás cabreado por algo do traballo e a tomas na casa cá muller, pois o da canción a toma con Gibraltar.
Voltarei o luns 7 de xullo. ¿Andaredes por eiquí? molaba ir a Ortigueira :) :)
O da descarga Libre, penso que si, o que máis interésanos e darnos a coñecer. Ainda non o falamos entre nos.
En septembro, cando sea a presentación, actualizarei a web e cecáis poña un apartado para baixalas.
Non sei non sei, vou tomar un godello...e despóis xa se verá XD
Ortigueira estaria bem! Já estava eu baralhando a ver se este ano puidera ir!
O que passa que está a voda da minha irmá em preparaçom, e igual tenho que botar um cabo eses dias, pero podemo-lo ir mirando, estaremos em contacto!
Nós chegamos o 4 de Julho a Madrid (Viernes) e sairemos para Galiza o 6 Domingo. O dia 30 voltamos a Chicago...:(. Case um mes de férias! Seguro que hai tempo de fazer algumha história ou juntanza estilo a última vez.
Pois si, eu som um acérrimo defensor da descarga livre, sobre todo para os grupos que começam, que buscam difussom... Coa difussom venhem os seguidores, cos seguidores venhem os salas de concertos cheias, e coas salas de concertos cheias venhem contratos, + gravaçons, + discos, + autoestima, + fama....(leroy!)
Hoje em dia até grupos como Berrogüetto, M. Peon (por dizer alguns que conheço) penso que ganham máis por concertos que de vender discos... Nom sei se estes datos mudarom já, pero hai uns anos lera na Voz que M.Peon, por exemplo vendia arredor de 1000 discos. Isso é pouquissimo, dai nom saca sustento, e isso que é medianamente conhecida!!!
Se eu tivera um grupo anunciava em cada concerto onde descargar a minha música de balde.. E os CD´s que gravastes eu os venderia a 4 ou 5 euros (ou o seu précio de coste), por se alguem queria guardar algo máis fisico... Se nom hai gente que nom paga 10 euros por um CD... Em cambio descarga-lo gratis... ao melhor ganhas um fan!!!!
Bom, é a minha (irrespetavel) opiniom. Chim pom.
Estou contigo Lorenzo, o importante e a difusión, que a xente te coñeza.
Temos pensado que cando fagamos un concerto con entrada, poñer por exemplo: Entrada 5€ ou 6€ con CD.
Hoxe en día cos discos non quitas nadiña, pero por iso as discográficas agora obrigan a firmar un contrato para quedarse cunha porcentaxe dos concertos. Falo dos grupos bos que teñan contrato. Eche o que hai...
Post a Comment