quarta-feira, 18 de junho de 2008

Final de etapa

De loucos. O último mes abaneado viravolteado por experiencias inesperadas e máxicas e marabillosas, e de vez en cando tamén algún tombo mental ou físico. Quérese dicir: que ben, que moi ben. Aínda o falara aí atrás: Brasil é mesmo coma um sonho. Pois é, mais ás veces é tão bom, e outras não não é. Pero o conto: desde o 17 de maio non parei. Conferenciando sobre Álvarez Blázquez e a lingua galega coa colonia da Sociedade, tendo a inauguración da Cátedra catro días despois, pasando por Santos, recibido cun insigne profesor e un marabilloso contacontos coma heraldos de Gz; nó, se non o conto non o creo. A emoción foi moita! E despois tamén desvirgándome como palestrante universitouro, e os brasileiros (polo menos os da FFLCH) que tenhen umha receptividade fabulosa para coa nosa realidade lingüística e social. Conto con ir de aquí a pouco para a Casinha (chez nous!)... Era boa umha xuntanza estival de blogueiros deste blogue, non era!? Déixovos uma imaxe do total paroxismo ao que cheguei, recentemente, nunha xuntanza cos galegos galegantes. E si, tou facendo esactamente iso. Até pronto!

3 Comments:

O'Chini said...

Pois e!!!
Mouchos corujas sapos e brujas!!!

Conta mais ho, das boas experiencias, (e das malas experiencias tamem!!!) Que nom todo vai ser futebol. E como falam os galegos do brasil? Que opinam eles do idioma? ve-no diferente do portugues? (Aparte de dizer abuelo?)
Em que falam nas juntanzas? Em espanhol tamem? Lembram o espanhol?

E quando estaras pola Gz? Nos iremos do 4 Julho ate o 30 Julho. Eu voto "de que si" a umha xuntanza.

Gonzalo Amorin said...

Que paso carnal!!! Eu já estou de volta na pátria. Vejo que nom paras de viravoltar polo país neto. Assím que de tumbalhadas mentais e fisicas...seguro que gostas mais das físicas que me cheira a mim que som dessas bem garoteiras. Espero que nom andes isolacionando demais e que si reintegres, quando menos, um chisquinho!! Cuide-se!! Umha aperta!!!!

O'Poldow said...

JÓVENES! Pois esta mensaxe non ten entidade para ser poste, e pónhoa aquí anque sei que se ha ler nos últimos comentarios -que gran invento!
EIS que vos escribo desde o punto mesmo onde azonavelha.blogSTOP adquire máis entidade mentalfísica... o cyber da Rúa Nova! Ah como esvara a chuvia polas pedras das paredes desenhando mapas de morriña en Compostela. E ademais hoxe chegan os de Chica-Go, e onte vin as novas, e a meteoroloxía dábaa un veciño deste Blog! Ah os signos dos tempos!!
POIS eu fico por cá até o 10 de agosto, así que vou deixar voçês proponheren datas de encontro. Sería o lugar Compostela? Ou iredes directamente ao Pico Sagro?
O fogar do Santiso, talvez?
BOM, BOM... seguimos en contacto... a ver se ledes a leria esta!