Ola a tod@s!
Aquí vos deixo unha mostra dos brincos que fago no meu tempo de lecer.
Estes brincos están feitos cunha especie de masa de modelar chamada Fimo, aínda que existen outras como o Sculpy, o Premo...O proceso de elaboración consiste básicamente en moldear ben o fimo (xa que é unha masa bastante densa), facer o desenho que nos queiramos (para esto podemonos axudar de diversas técnicas como son: o degradado, a técnica milflores, marmoleado...). E finalmente os brincos van ó forno durante uns 15 ou 20 minutos, dependendo do tipo de masa polimérica que empreguemos.

Para que tenhades unha idea de como queda o resultado final, aquí tendes o link da páxina con todos os meus desenhos:
http://www.flickr.com/photos/20135573@N07/.
Un fin de semana animareime a facer un video para mostrarvos todo o proceso con mais detalle.
Bicos!.
http://www.flickr.com/photos/20135573@N07/.
Un fin de semana animareime a facer un video para mostrarvos todo o proceso con mais detalle.
Bicos!.
3 Comments:
Que chulos María, pena que a min non me gusta levar pendentes de nengun tipo (nen aneis, nen pulseiras...sonche así de rariña). Anda que non tes unha boa colección, os vendes?
Biquiños...
Pois si que molan. E xa tes uns cantos... Non sabía eu desta faceta tua. Eillos de ensinar a Ana. Véndelos ou quedaste con toda a colección?. Un saudo ós dous e a ver cando vides.
Hei Marta e Gustavete! Pois si que os vendo(precisamente hoxe encargaronme na universidade catro pares). Pero tinha pensado regalarlles uns a tua moza e a Marta. Dille a Ana cales lles gustarían,porque preciso saber se os tenho que facer posto que alguns deles xa os vendín. E como Marta non pon brincos pois non sei se lle faría moita gracia que lle regalara uns, pero xa pensarei nunha solucion :).
PD1:Ah por certo, saimos de aquí o dia 3 de xullo, así que xa estaremos por ahí prontinho ;)
Post a Comment