sexta-feira, 2 de maio de 2008

Agora un chisco de blues...

Cambiando un pouco de estilo de música nostálxica, pasamos a un temiña do xenial guitarrista Scott Henderson sacado do seu disco"Tore Down House". Para quen lle guste o blues, creo que é un disco redondo. Con este tema no creo que ninguén se tumbe no sofá. Pois ala, sen máis rollos, espero que vos guste.

3 Comments:

O'Chini said...

Música energizante, si senhor! Gostei
do tema!

Se che gusta o Blues e do Jazz entom habia-lo pasar bem por aqui em Chicago, está plagado de garitos com música em directo.

Edu P. said...

Boas... tamén eu gostei destes minutiños do tal Scott Henderson.
De calquera xeito, entre outras cousas eu caracterízome pola miña falta de perícia coa guitarra, imperícia que é directamente proporcional á miña capacidade de crítica aos demáis. Daquela, aí vou con dúas preguntas/críticas/comentarios que quería partillar con vós:

- A música moloume, máis non vos ten un certo toque de banda sonora? (a mín ao escoitala víñanseme á cabeza algunhas fotos/vídeos dos meus colegas cos que montar un videoclip)
- E o final, non me gustou un carallo o final... non sei se arquetípico, superdoado ou hiperprevisible, pero non me gustou.

De calquera xeito, Marta, graciñas polas suxestión musical, así axúdasnos a cumprir a cousa aquela de non deitarse sen aprender unha cousa nova.

Marta said...

Hei, a min non me soa a banda sonora, pero bueno cada un ten as súas historias coa música e está ben sabelo. Dende logo isto que vos puxen de Scott henderson e dos temas máis doados de escoitar del, porque o que ten publicado coa sua Jazz band "Tribal Tech", a min me costa mais escoitalo, creo que non é nada previsible, e as veces me resulta bastante disonante. Quizais debería colgar algo a ver que vos parece.

Unha aperta