Hei compadres e comadres!!!
Surprendido estou de que ninguem escrevesse umhas linhas sobre o Dia D!!!! Eu estivem de viagem -por variar- assi que ontem nom tivem acceso a internete. Hoje revisei os diários: tremerom até as pedras em Santiago, a zona velha foi um auténtico berro galaico-galegante!!! Viva Ghalisia, baby!!! Estamos vivos e coleando mal que lhes pese a certas asociaçons Galicia Bilingüe (qué nome tam hipócrita, caralho!) ou Tan gallego como el gallego - ej er gaspasho, y olé (tra-ca-rrán de gitarra!). A merda que últimamente vinham levantando os herdeiros da AGLI, em lugar de me entristecer, conseguiu-me cargar ainda máis as baterias. Aquela suposta frase que lhe dixera Don Quijote a Sancho; Ladran, luego cabalgamos é umha verdade como um punho, que por certo, doe como se fosse direito ao estómago.
Um regalinho vos deixo do meu columnista preferido em La Voz de mi Aaaaamo (Señolita Escal-laaata). Um tipo muito recomendável que tem a independéncia necesária para ponher a cadaquem no seu sítio, incluíndo aos "nossos" (quero dizer: meus), quando toca. E curiosamente toca-lhes bem pouco, comparado cos outros.... cousa que dá que pensar quando vem dum neoliberal-católico-practicante confeso (isso espero polo seu bem) e ex-PP repudiado, pero co sobrado bem amoblado e as cousas claras clarissimas. Olho!: nom fai falta estar dacordo coa vissom de pais para gostar das suas reflexions. Sem mais parabolar, aqui vo-lo deixo. Eu já me elevarei ao quadrado noutro post sobre outras lérias, que o far west dá para moito. Como dixo o senhor Iglesias, Arsénio, nom todo vai ser fútbol, pero de vez em quando hai que botar umha pachanga, digo eu, nom?
Artigo de X.L. Barreiros em La Voz de Galicia ontem, Dia das Letras Galegas.
Fala-la fala nai
Cada vez hai máis galegos que, afirmando formalmente a súa identidade e o seu amor pola terra, cargan sen embargo contra a obrigación de estudar o galego, ou contra a cultura institucional que favorece o uso e a crecente normalización da lingua propia. A eses galegos chamoulles Celso Emilio Ferreiro os «patufos desleigados, / pequenos mequetrefes sen raíces / que ó pór a garabata xa non saben / fala-la fala nai, / a fala dos avós que temos mortos?».
Por experiencia sabemos que, pese aos esforzos feitos no período autonómico, e fronte ao éxito inicial das políticas de normalización, o galego, igual que sucede coas outras linguas minoritarias do Estado, resiste moi mal a competencia co castelán, e que se non se asume a discriminación positiva a favor da lingua, que implica obrigacións para todos nós, corremos serio perigo de perder a peza esencial da nosa identidade.
Por iso é urxente que saibamos distinguir entre a liberdade lingüística que temos e podemos exercer a nivel individual, e aqueloutras obrigas que temos que asumir, como pobo, baixo a tutela das institucións.
Neste senso cabe afirmar que a liberdade lingüística dos cidadáns é perfectamente compatible coa obriga curricular de estudar galego e demostrar a nosa competencia intelectual e profesional nesta lingua. Ninguén nos pode impoñer a obriga de saber matemáticas ou ortografía para ser español e exercer todos os nosos dereitos. Pero si nos poden obrigar a estudar esas materias no noso período escolar, condicionando con iso as posibilidades de obter os títulos correspondentes, acceder á función pública ou exercer as profesións que requiren unha previa habilitación académica.
O galego é a nosa lingua. E só negando esa realidade, e apuntándose expresamente á condición de «patufos desleigados», se pode esixir un trato para a nosa lingua que non a equipare en dereitos e deberes ao idioma oficial do Estado. Porque a liberdade lingüística non inclúe a incompetencia curricular para escribir e falar o galego, senón a libre opción que adoptamos despois -cando xa somos competentes- na nosa vida social, profesional e familiar.
¿Que diriamos dun dinamarqués ou dun grego que, pretextando o decrecente valor do seu idioma, reclamase o dereito a instalarse na eutanasia lingüística? ¿Que dirían de nós as xeracións futuras se, no intre no que dispoñemos de máis posibilidades de uso e aprendizaxe da lingua, a deixaramos? O debate sobre este punto raia, para min, no puro delirio. Porque eu prefiro instalarme na vontade de ser que o propio Celso Emilio cantou mellor que ninguén: «Eu fáloa porque si, porque me gusta, / porque me peta e quero e dáme a gana / porque me sae de dentro, alá do fondo».
4 Comments:
«Eu fáloa porque si, porque me gusta, / porque me peta e quero e dáme a gana / porque me sae de dentro, alá do fondo».
....e eu que creía que era unha canción de roberto sobrado!!!. (Por senón que da claro é broma). Pero si que aproveito pra decirvos a tod@s que ademais de disfrutar da vosa compaña (cando se pode) disfrutos do voso coñecemento e trato de aprender algo, ainda que cada vez cóstame mais o asunto e pelexar e non renderse nunca. Se acaso recuar... un pouco, pra coller carrerilla e chegar con mais forza. Eu pasei o día D traballando na BBC e na discoteca, e o que ten ser pobre medio burro e cabezón.
Vaia, vaia. Ese día, eu vin ata Compostela á manifa da lingua e quedei contento de ver moita xente e moitos amigos. Son fan incondiconal de Barreiro Rivas. Coincido plenamente cos comentarios de Lorenzo e si, tamén lin ese artigo en concreto ese día e virei en fan inda máis incondicional. Que home tan listo! Mágoa que na dereita do país non haxa ninguén máis ;)
Saúde
Ah, Gus, pobre e cabezón, non cho discuto pero arriba esa autoestima oh! aquí aprendemos tod@s. Diso se trata sempre, de non deixar de se facer preguntas.
Bicos a tod@s
Oes Gus, quando queiras medimo-no-la a ver quem a tem mais ghrande, As vezes nom dou termando dela. Devo andar polos 60 cm de perimetro assi a olho... A Ghone a Oscar tamem lhes chega, Pero Roberto tem muito pelo e assi abulta mais... hehe....
Post a Comment