sábado, 3 de maio de 2008

Cinema galego: Pradolongo

Hoje descobrim com agrado esta longametragem em galego ambientada no Val d'Eorras, Ourense. Penso que ainda a estám a estrear polas vilas galegas adiante, pero nom estou seguro. As salas santiaguesas parece ser que boicotearam este filme. Vaia home... desde logo... ás poucas películas que hai em galego, ainda acima isto..., a can fraco.... já sabedes.

Por certo, Ricardo, o ex-compi de Edu & Gus e ex-vizinho de Rober tamem anda por ai, vejo que lhe vam aparecendo projectos de vez em quando. Alegro-me por el!!.... Aqui vai o video-promo e aqui a sua web, Pradolongo:


Fixai-vos no detalhe de usar o galego próprio da zona, co seu tuteo e todo, esas cousas calam na gente para bem! Mareas Vivas abrira a veda, e com moito sucesso!

E navegando atopei Filminho, festival de cinema galego-portugués, bom, um dos vários festivais de cinema que hai em Galiza. (Cris!, apresentarás a tua curta a concursos quando esté finalizada, digo eu, nom? Por certo, a ver quando volves postear com notícias frescas!). Bom, chamou-me moito a atençom este vídeo primeiro por que está moi bem feito (todos os vídeos promocionais de Filminho estam moi bem, polo que eu vim até agora), e logo porque me trouxo a memória os tempos Zángalhos. Lembrades o lugar onde aparece o cenário? Hehe... Penso que nada especial acontecera nese concerto (financiado pola Xunta), agás a "masiva" afluéncia de público, e problemas cos homens de som, coma sempre.

4 Comments:

Gonzalo Amorin said...

Vim a peli de Prado Longo! Gostei, é como umha espécie de remake de Sempre Sonxa. O melhor o tratamento da língua. Mágoa nom haia mais producçóns assim!

Marta said...

Home, pois a min sempre Xonxa gustoume, pero este trailer cando o vin, non me dixo gran cousa, quitando o do tratamento da lingua. Hai trailers que se pasan contando cousas das pelis, tanto que xa non fai falla ir ver a peli, e outros son tan vagos e ambiguos que tampouco invitan a vela, pois parecen que non vai pasar nada interesante. Este trailer resultoume así: rapaces na idade do pavo con esceas estereotipadas de tonteo, e un problemón familiar, de curro ou económico de fondo, que non se sabe moi ben o que é. Penso que cando se tratan temas tan trillados hai que buscar novas formas de narración, e huir de persoaxes e comportamentos estereotipadas que non aportan nada novo e aburren. Iso é todo o que me suxeriu esta peli vendo só o trailer, pero igual me equivoco!!!

Gonzalo Amorin said...

Que crítica a Martita!! Vai ver a peli e deixa-te de lerias. Logo contas-me!!

Marta said...

He he, tes rasón, se a vexo xa te direi. Saudos