sábado, 10 de maio de 2008

Detencion á americana

Ola a tod@s!

Ó final onte non puiden escribir, quedeime durmida mentras que Loren estaba a estribillar no blog.

O que vos quería contar é que onte, mentras estaba na habitación do hotel,en Golden, vin todo o proceso dunha detención policial americana xusto debaixo da minha ventá. Foi todo moi rápido: comprobación da identidade do detido e antecedentes penais... chamada a outra patrulla da policía, detención do "presunto", posta das esposas ó mesmo e finalmente caminho á jail. Gracias ó superzoom da cámara de Lorenzo puiden velo todo con detalle. O home estaba todo desesperado, compunxido... a decir a verdade tinha unha apariencia do mais normal, como un bo pai de familia, como se di... Que carallo faría?


Polo que me estiveron contando, aquí a policía sempre pon as esposas cando hai unha detención... hasta polas infraccións máis leves como pode ser ir a unha velocidade superior a permitida.

Pois ben... xa vos irei comentando moitas máis cousas... No camiño pasamos por Colorado Springs cunhas paisaxes espectaculares. Xa pegarei fotos mañá cando as descargue... Agora é de noite e acabamos de chegar a Lamar, na América máis profunda: "homasos" camioneiros entrando coas botas cheas de merda, cheirume insoportabel de granxas de polos, motel peliculero ao lado da estrada (con WiFi!). En fin, o far west do século XXI.

Bicos!!!

2 Comments:

Gonzalo Amorin said...

Cousa fina!!! Estes ianquis som-che bem peliculeiros! Estas feita umha reporteira do mais intrépida!! Mira ti...chega a ser algúm famosete e a fazer negócio com as fotos. A ver se nos vemos pronto por ai! hehe!!! Manda caralho!! Quem me diria a mim que ia ir polos EE.UU.
Saudos!!!!

O'Poldow said...

Nossa! Moi boas as crónicas do Oeste! Flipo co policia que aparece á esquerda da foto, que tipasso burguerking! (E Gonz... vas pos United? E lo non xa non hai lumes na Gz?)