quarta-feira, 7 de maio de 2008

O Timo do Palesco


¿E como non sabían que ós galegos gústanos tomar as tapiñas mirando ó mar e ás gaivotas? ¿A quen carallo se lle ocorreu facer un centro comercial sen vistas á veira do mar? ¿Seica somos Madrileños? ¿E por que non fixeron un museo ou en que sei na vez de enchelo de franquicias globalizadoras? Agora choran por que non da cartos. Máis choramos nós, que tivemos que paga-lo co suor do noso pobo.

10 Comments:

Marta said...

E iso onde o fixeron?

Anônimo said...

No porto da Coruña. Xusto no hotel Atlántico... están pechando as tendas e da peniña ver o ambiente., está sempre meio valeiro :/

O'Chini said...

Pois levas toda a razom Oscar. O "desarrollismo" é o que tem. A gente pensa que quanto máis cemento e centros comerciais, melhor é umha cidade.

A mim já me parecera um atentado o que fixera o embaixador em "LA Roma", P. Váquez: botar aos barcos pesqueiros pequenos da Dársena para meter yates e desportivos, diante da Cidade de Cristal!!! Joder! Que mal faziam? Deixar de ser umha vila com ese aroma atlántico marinheiro e romántico (compativel com ser moderna, olho!) para converter-se numha Marbelha cutre, bom, querer e nom poder.

Logo estivo "El Puerto", e agora ese monstro, que nom conhecia. Parece que o sucessor do senhor vazquez segue polo mesmo caminho. Calquer dia tiram o Castelo de Sam Antom para ponher um Burquer King, que mola mais...

Estás pola Corunha, por certo?

O'Chini said...

Acabo de botar um olho ao teu blog. Tremendas fotos que te estás currando!!

Parabéns!!

Nom te cortes e cola aqui fotos de vez em quando. Para que luzcam máis, aumenta o tamanho por riba do máximo: simplesmente usa o "compose" mode e clica numha esquina da foto..e o resto já sabes.

Anônimo said...

Xa non, estiven na Coruña, Lugo e Quiroga, nunha festa friki, tiñan de convidado especial ao Cañita Brava. Fun con Robertiño e un amigo del que ten mais dun fusible fundido.
Saude!

Edu P. said...

Boas...

penso que Oscar e Lorenzo estades a falar do mesmo monstro... Palexco e "El Puerto", son os dous edificios que se ven na foto, diría que se fixeron á vez. O que se ve na foto é o Palexco, "Palacio de Exposiciones y Congresos" (sic). Á dereita vese un currunchiño do "Centro Comercial El Puerto", que é o que non ten fiestras nin nada e onde (case) non vai nindiola, porque iso si... o "vips" que está no baixo supoño que estará máis ou menos petado nas fins de semana.

Éche unha das miseiras deste noso "Little Madrid-on-the-Sea". Por sorte ten grandezas como estoutra.
E como non se contenta quen non quere, toda esta dualidade coruñenta a min non me parece máis ca un reflexo da súa galeguidade (ai, pais estraño que somos!)

P.D: Por certo, Oscar, poderías compartir connosco os detalliños técnicos desa túa "Crunia Maris"? Graciñas por adiantado

Anônimo said...

Hola Edu, alégrome que te gostase a foto.
Pois está sacada as 4 da mañá cun gran angular a 10mm (un Sigma 10-20 f4-5.5), co diafragma aberto a tope f4, ISO 200 e 302 segundos de obturación, e dicir, tiven o dedo no disparador 5 minutos. Ca oleaxe que había saiu o mar así de esponxoso. A exposición calculeina a ollo, facendo probas e na casa axustei o balance de brancos pois saia moi alaranxada,polas luces parásitas da cidade,penso que calibrei a temperatura da luz a 2000K para darlle o tono azul. Non sei se coñeces a Ley do Cuadrado Inverso, o caso e que se quixera baixar o ISO a ISO 100 para ter menos ruido ou pechar un diafragma para ter mais nitidez, tería que multiplicar o tempo de obturación por 4, uns 20 minutos.
Con 300 xa me chegou, que a pouco mais caigo polas rochas abaixo ;)

gusta_vete said...

Preciosa a foto. O día que teña paciencia intentoo. Respecto os centros comerciais... é o que ai, os nosos dirixentes non dan pra mais. E os nosos paisanos tampouco. Agora ando facendo enquisas de política de cara ás autonómicas do ano que ven. E á xente non lle interesa ou están queimados e pasan de todo xa. Todo dios critica ós políticos no bar e na casa, pero cande lle pides opinión calan. E o que ai...

Gonzalo Amorin said...

Que passa Oscar!! Poderiamos fazer umha secçom própria de feismo, como na La Coz de Caliza, pero a pequena escala. Das nossas cousas. Que vos parez?!
Saudos!!

O'Chini said...

Eu digo que é umha boa ideia!

Por certo, quando é a seguinte ediçom do concursazo?