Estimados e madas.
Tenho que dicir que virei fan do blogue.
Gosto muito de varios dos postes que fostes pondo, contra os que acostumo bater a cada pouco. Há tempos que quería postar, pero trancas e barrancas tenme atrabarrancado, e por enquanto xa estaba pasando a facer parte do vecindario fantasma que engrosa a lista desde blog sen se manifestar.
E pois é.
Por esta cuarta parte do mundo as cousas van indo. Maio, contra o que por aí pasa, é mes de outonía e de días que van devecendo, mais servidor conta con ir pasar o vran no hemisferio norte, así que non faz mal. Agora, porén, toca mes de labra, que como para os labradores era o mes do traballo duro, para o meu gremio tamén se fai tempo de trafegas e malabarismos, todo xirando ao redor do día D.
Nesas andamos, organizando a vinda de estudosos ou artistas a estas terras, e tratando de dar bombo e platillo do feito. Xa vos contarei.
Por encuanto non puiden evitar unha segunda excursión de Concursazo! (sobre indirecta do atento anfitrión), esta a partir do prédio do Bovespa, ben no medio da capital. Vedes o bosque de ladrillos? Vedes a urbe en que me des-encontro. Alá ao lonxe, lonxe, fica a minha faculdade. E tras do cu, a man esquerda, lonxe tamén, a casa desde a que vos posteo nesta noite estática.
E tema do Concursazo! é o seguinte: "Alguén viu Wally?" Só que aquí máis ben sería: "Alguén viu unha Catedral?" Pensando en Compostela faime gracia, que alá todo xiraba ao redor da Sé, e aquí aí a está, achantadísima!
O premio é o de costume, e por orde chegada e inspiración.
Até ja!
E abrazos de maio de flores cubertos!!
domingo, 11 de maio de 2008
O Concursazo II (por aclamación popular).
Posted by O'Poldow at 05:46
Labels: O Concursazo
Subscribe to:
Postar comentários (Atom)
6 Comments:
Esta vez levo eu o prémio, mecaghom Lamar, a ver se me toca o apartamento, ou se nom tamem me vale o coche...!! Eu nom pido moito...
Está a dereita de todo, e é a catedral metropolitana de Sam Paulo: Aqui vai umha imagem . E por certo, caralho para Sam Paulo, nom? Parece umha cidadona europeia! Onde está esse saborrr tropical? Seguro que é umha dessas cousas que sorprendem a um quando chega. Sam Paulo trabalha e Rio a pasa-lo bem, parece...
Levas razom sobre as pantasmas do blog... Eu pensava em vos pedir algumhas fotos deles e retoca-las "um pouquinho" (hehe..) com photoshop, a ver se reaccionam e polo menos saudam. Pero me da a mim que nem sequera passam pola Zona Velha a botar um olho...
Penso que este ano o Dia D é mais importante que nunca... espero que em Compostela esté a reventar esse dia!
Sen ver a imaxe do link de Chini, eu tamén pensei que debería ser o edificio que aparece abaixo de todo a dereita e ten unha plaza diante, inda que parece un edificio neoclásico deses, pero creo que da máis o pego que un rañaceos.
De premio, conformome con un caramelo sabor a caipirinha...
Vaites, acabo de clicar na imaxe do Chini, ¿Donde está semellante catedral?
Buah! pois non era dificil, pero como sempre que ando na pola, ao aumentar a foto, non me percatei de que era mais grande que a pantalla e esquecinme de mover a barra de desprazamento, por iso non a vía ;(
Ai, e eu que pensei que fora o primeiro en vela! Fico sen premio mais sigo xogando.
Que pasó carnal!!?? Menudo tipo, já pereces o Jordi Hurtado com tanto concurso...atençom pergunta!! Pois si que fica pequena a sé, cousa do progresso voraginoso! Umha aperta!
Post a Comment