Holaaaaaaaaa!!! Sí que está isto un pouco de capa caida, eu a verdade e que ando un chisco ocupada e últimamente tampouco teño nada interesante que contar , igual ao resto lles pasa o mesmo pero vou a intentalo de todas.
Este ano matriculeime en Francés na escola oficial de idiomas, e dentro dunha semana teño os exames. Ando un pouco acolloada, pois este ano debido ao monton de curre de debuxos que tiven que facer, faltei todo un trimestre, e estame costando un pouco poñerme ao día, sobre todo a hora de falar, que tardo bastante en arrancar.
A semana pasada fixouse o día para o exame oral. Este examen faise por parellas e podes amañar con que compañeiro de clase queres ir, ou pola contra simplemente te apuntas a hora a que queres ir na folla que pasan por clase, e o que se apunte a esa hora, porque quere ou poque é o unico oco que queda, é con quen vas falar. Levo case todo o ano sentado ao lado dun fulano moi intelixente que fala e pronuncia bastante ben, así que pensei que no momento que nos pasaran a lista para anotarnos, quizais por proximidade, xa nos apuntaríamos xuntos. Pero non sempre a xente se senta no mesmo sitio, e como todos nos levamos ben, ¡que mala sorte! que no momento en que pasan a devandita lista, levaba xa unha semana sentandose ao meu lado outro tipo, que é moi majo, sí, pero non lle entendo nin papa cando fala. Xa cando fala castelán fala raro, ten un pequeno defecto de pronunciación, non sei se coa erre, e cando fala en francés, puf, non fai as frases fluidas e claras, parece que vai escupindo as palabras como se fose medio tartamudo e con ese defecto errrree!!!!. Pois alá vamos os dous xuntos para o exame oral!!! (suspendo fixo) Vou estar todo o rato Comment? Quoi? Je ne comprend pas, vous pouvez répéter s´il vous plait?
Outra anecdota curiosa é acerca do tipo que fala ben (e co que albergaba esperanzas de facer o exame oral). Todo o ano me preguntaba en que traballaría, pois cando a veces nos tocaba dialogar e falar sobre a que nos dedicabamos, non era moi claro, falaba de forma moi vaga do seu traballo sen decir claramente, como as veces facíamos os demais, "Je suis desinatrice "o "Je suis medecin". Pola forma de vestir formal, pensei que podía ser un empresario ou un comercial, sempre co seu maletín negro. Pero un día, despois das clases, fixemos un corrillo e estivemos un rato de cháchara falando de teses doctorais. El falaba do traballo que lle supuxera facela e dos procedementos á hora de presentala, pero non sobre que ía a tese. Tanto misterio xa me picaba a curiosidade, se averiguaba o que estudiara polo menos podía intuir a que se dedicaba. Así que de camiño a casa pregunteillo e case me caio de cu: "Tese sobre un autor francés que estudaba a espiritualidade no traballo", a carreira era teoloxía. Pero inda así costoume unhas semanas máis procesar que o tipo era realmente cura, e que se dedicaba a iso. A verdade é que flipei, e fáime coña porque algunha das redaccións que fixemos para clase tiñan por tema "¿cómo é o teu home/muller ideal?", e comentaronme que o tipo foi moi suxerente na sua descripción (labios carnosos, pelo no se que....). Que conste que eu creo que a igrexa debería deixarse de tantas mamonadas e deixar que os curas se casaran e todo iso. Se a igrexa fose máis flexible, non creo que perdese tantos adeptos como debe estar perdendo dun tempo a esta parte.
Isto é todo por agora.
Ah! A foto esta tomada no impresionante mercado de Provenza (sur Francia), nas miñas vacacións do vran pasado. Como podedes ver para algunha xente levar e tocar o piano na rúa non é ningún inconveniente (¡queixaste de vicio Chini!).
Saudos, e gracias pola invitación Chini, en canto teña algo aforrado tereina en conta.
segunda-feira, 26 de maio de 2008
C´est la vie!
Posted by Marta at 09:37
Subscribe to:
Postar comentários (Atom)
1 Comment:
Tem conha a história... hehe... Eu penso que os curas vam ter que repensar em breve o do celibato. De todos jeitos, é umha cousa relativamente recente, nom? Suponho que os primeiros sacerdotes cristians nom o tinham.
Curiosa foto, por certo. A verdade é que a França mola...
Post a Comment