domingo, 30 de março de 2008

Temos unha gatinha, Auriga!!!!

Ola a tod@s! Eu tamén me uno a este blog e nada mellor que facelo presentandovos á nosa gatinha, Auriga!!
Bem, pois esta gatinha trouxerona hoxe e é dunha companheira de traballo de Lorenzo, Tonia, que se vai de viaxe. A gata estará con nos tres semanas, mellor dito conmigo posto que Lorenzo tamén se vai manha de viaxe a L.A :(

Tonia estivonos explicando os coidados que tinhamos que darlle, e a dicir verdade quedeime un pouco asustada posto que require uns coidados como se fose unha persoa!O que eu non sabía e que gata, que como podedes ver na foto está ben mantida, ten un pequeno problema, e é que lle soen dar ataques epilécticos, aínda que fai varios meses que non lle dan. O meu medo é que esta semana chegue a casa pola noite e a atope "estirada" ou facendo cousas raras, eu que sei...
Para evitar problemas, tenho que lle dar mencinhas todos os días e se pasa algo chamar a urxencias( por suposto para pets) que vergonha!!
Ben, pois xa vos irei contando como vai indo todo ca nosa nova inquilina e a ver se tenho sorte e non lle pasa nada eiqui ;)



Moitos bicos e apertas a tod@s.
M.

5 Comments:

O'Chini said...

Bom, o gato-vaca éste tentou subir ao fregadeiro (1 metro de altura, máximo??) e pegou-se umha labazada bem conhera. Caeu para trás como um saco de patacas. A verdade é que nom tem muita habilidade a probe... hehe...para cazar ratos está... Anda-se metendo por dentro dos armários e ainda vai quedar atorada.

Provei a meter-lhe sons de gatos baixados de internete e eu mejava-me á risa... A tipa buscava com desesperaçom a ver onde estavam escondidos os gatos.

Por certo, é moi joven, 3 anos!!!, ou seja , umha adolescente.

A verdade é que está bem a experiéncia. Vamos-lhe colher carinho ao michinho...

Gonzalo Amorin said...

Menuda conha de gato bacalhau!! Eu esmendrelho, pero sendo cousa de michos a cousa é facil. Já todos sabedes da minha debilidade michineira...

Anônimo said...

Caralho que é grande o gatinho!! XD

O'Poldow said...

Ola María, que tal Chicago e os seus bulls? E a minina mínima? Eu punhaa no foot-step e quedaba feita unha top-gata (ou senón tamén está a opción de facer uns bistésss;)
Saúdos desde Sampa!

Maria said...

Hei Poldo!...o da gata e outro cantar... pola noite rasca na porta do cuarto pra poder entrar e asi durmir na cama.Onte acordeime da sua nai!!!
Agora mesmo esta a durmir no regazo do Lorenzo...
Polo demais tudo bom...inclusive os bulls,sox and bears :)
Unha aperta!