quinta-feira, 27 de março de 2008

Manda caralho!!!! Ide colhendo a rasqueta...

A Garda Civil collerá datos dos coches que leven o distintivo GZ

O Movemento polos Dereitos Civís asegura hai documentos internos do corpo militar que dan esta directriz.

Redacción - 13:15 26/03/2008

Nos cursos de formación interna da Garda Civil recoméndaselles aos axentes que tomen datos dos coches que levan adhesivos de GZ. Segundo o Movemento polos Dereitos Civís (MpDC), nun curso para axentes en Pontevedra, os formadores repartiron follas nas que aparecían adhesivos de GZ, unha bandeira galega coa estrela vermella ou o escudo de Castelao coa lenda “antes mortos que escravos”. Dende a Garda Civil identifican estes símbolos como propios do “Movemento de Liberación Nacional Galego” (MLNG).

No mesmo informe, relaciónase co chamado MLNG a estas organizacións: PRE.S.O.S, Ceivar, AMI, Briga, Adiante, Coordenadora de Asembleas de Estudantes da USC, Agir, Grei, EI, Nós-UP, FPG, CUT, Galiza non se vende, Mulheres Nacionalistas Galegas, A Marcha Muncial das Mulleres, Fazendo Memoria Histórica, Agrupación de Montaña Augas Limpas, Erva, Quercus, SCD Condado e AC Caleidoscopio. Segundo a denuncia do MpC cada unha desta organizacións ou colectivos aparece indentificados con logotipos para “facilitar o recoñecemento por parte dos axentes”. Noutro documento aparece información sobre diferentes centros sociais.

Cara ao final do informe aparecen fotos de persoas na rúa. O MpDC destaca que aparece un particular fotografado baixo o epígrafe de “interese policial”, a pesar de que non pesa sobre o mesmo ningún delicto. O MpDC cre que a Garda Civil debe dar explicacións públicas xa que “a creación de bases de datos paralelas é ilegal”

2 Comments:

Edu P. said...

Cousas de vivir "atrapados en azul"...

Aproveito que non me queda moito tempo por aquí (en 5 horas collo un avión e marcho unha semaniña de descanso a xunto Keops, Kefrén e Micerinos) para deixar por aquí un saúdo.
Teño pendente escribir un "post" sobre algo do que me enterei hai uns días, así que a ver se me lembro á volta de contárvolo.

Apertas a todos!

P.D: Por certo, a ver se o subidón "escribidor" inicial non decae como adoita pasar no "blogomillo"

O'Chini said...

Qué sorte temos, somos umha mornarquía bananera de primeira!! Agora tamém temos policia politica, que persegue as ideias. Bom, sempre a houbo, nom sei que falo...pero agora graças ao cybermundo, todo se acaba sabendo...

Isto deveria ser um noticiom, pero nom vai passar de ruxe-ruxe...Cousas de viver num manicomio colectivo.