quarta-feira, 26 de março de 2008

Knock, knock... pódese?

Olá compañeir@s. Declaro inaugurado este pantano cunha colaboración poética que xa deberiades coñecer ;)

RE-sentido (que facemos co amor?)

todo está no ar
non se sostén, non
máis volta cando xa non estaba
e chamadas e silencios
locomotoras ardo
comulgo, ensináchesme ti e ti e ti
reconstrúete morbo
afástate teléfono afónico ímpetu antepretérito
infame cruz sacra borralla expúlsote
arrédate invádeme NON

monicrece sen alicerces que se manifesta impúdico
choni bárbaro catódica infamia
calma chicha tormenta tropical
teño que poñer a lavadora SI

can famento que ladras no páncreas
morde o rabo que coidas amenaza
descúbrete como abres as pernas
cando ofreces espazos in-finitos
cuspe na man méteos na boca
amósate esdrúxula
parece que quere chover

5 Comments:

O'Chini said...

Hei Rober!!! Bem que te uniches!!!
Nom conheco a poesia, e nova, suponho.

Por certo, ja te vim youtubeando...Iso esta moi bem! Tes que ponher-lhe igagens para que seja mais ameno.

Gonzalo Amorin said...

Estas feito todo um poetiso Sobrated!!!

The Sobrado said...

Hei, meus. Obrigado. By the way, que son igagens? desculpen a ignorancia...

O'Chini said...

Igagens foi un reindislexismo galopante! Queria dizer "imagens".
A verdade que como tenho a minha vena artistica sem saida, ás vezes como-me a cabeça em qué invertir o tempo que antes se levavam as teclas do Doepher...

Hei-che de contar algumhas das ideias para fazer videos das túas cançons. Mesmo tentarei fazer algum num finde semana e cho ensino. O bom é que nom se necesita gravar video... Som bem singelos, a ver qual é o resultado e cho envio...

The Sobrado said...

Ok mate! looking forward as túas propostas...