sábado, 26 de dezembro de 2009

Voltando ao folk: MUGAR e a maravilla de SPOTIFY...

Acordadesvos da mezcolanza celtica-berebere de Mugar que tan bos resultados obtivo con este disco?:

Pois non sabía que había este outro que tamén ten moi boa pinta:





Deixovos este enlace ao youtube para que escoitedes...



Se alguén quere escoitar o disco enteiro pode facelo en SPOTIFY , como calqueira outro disco que vos pete e non sexa unha supernovedade ou editado por unha discográfica moi pequena. Se non coñeciades Spotify, a verdade é que unha aplicación que está xenial (eu descubrina onte gracias a esas reunions por nadal e familiares que andan metidiños nesto da musica).Mola! Toda a musica que queirades escoitar de forma online, coas caratulas dos albumes, informacion dos artistas e gratis. Tamen podedes facer as vosas listas de reproduccion. Suponse que funciona como unha radio porque de vez en cando poñen algun anuncio pero menos pesados que algunhas radios de verdade, cada 4 ou 5 cancions, pero so por iso porque logo escolledes o que queirades escoitar en todo momento dandolle play, pause pa diantre pa tras.... O que queira mais información e como rexistrarse, (suponse que so podes acceder mediante invitacion pero atopei a forma de rexistrarse:) Xa me diredes!:

http://www.genbeta.com/multimedia/musica-gratis-al-instante-spotify

https://www.spotify.com/en/get-started/

3 Comments:

Gonzalo Amorin said...

Na choiva, é Martita! Muito gostas ti do toque moruno! Eu som-che mais purista! hehe!

Marta said...

Bua, bua, bua...:P

Gonzalo Amorin said...

Pois esta bem o Spotify de marras, pero eu atopei o enlace direito para registrar-se, este e:
https://www.spotify.com/en/get-started/. E muito mais facil por aqui!