quarta-feira, 9 de dezembro de 2009

Referendo sobre a Independência de Catalunya.

Serán arredor de 700 mil cidadáns en 170 poboacións os chamados a votar o próximo domingo 13 de decembro en Cataluña no referendo sobre a independencia. Un total de 20 mil voluntarios atenderán 500 mesas electorais repartidas en todo o país. Ao fío recomendámoslles o seguimento especial que está a facer o xornal dixital Vilaweb, que este mércores repara especialmente nos 125 mil cidadáns dos concellos onde se realizará a consulta que non teñen "cidadanía española" pero que aparecen nos padróns municipais e que de xeito inédito serán convocados ás urnas. O informativo especial de Vilaweb TV ofrece as reflexións dalgún deles. Doutra banda, contámoslles que alén da consulta deste domingo, que maioritariamente terá lugar en pequenos e medianos municipios, os promotores deseñan próximas convocatorias, a principal e máis ambiciosa na capital catalá. Así, a plataforma "Barcelona decide" organizará un referendo nesta cidade en 2010. Segundo avanzan, a votación podería facerse no mes de abril.

2 Comments:

Gonzalo Amorin said...

Coma sempre Catalunya a vangarda da democracia, com valor e sem complexos! Os meus parabêns para os cataláns!! Visca Catalunya!

O'Chini said...

E digo eu: a Espanha e os espanhois nom lhes dará vergonha aturar isto??? Nom seria mais "señor" aceitar a vontade dos cataláns, como fixerom no Quebec, Checoslovaquia, Montenegro,como vam fazer na Escócia?