Boas:
1. 4shared.com
Coñecedes o sitio www.4shared.com? Permite xestionar como se fose un disco duro externo unha conta en internet de 10 Gb para que almacenes arquivos e os poidas compartir. Se alguén coñece sitios tan bos coma este, ou mellores, que os dea a coñecer. Moitas grazas!
2. Libros
Para inaugurar a miña conta en 4shared, aquí vos deixo uns libros en pdf. Suxírovos que para ver se vos poden interesar, leades a introducción de cada un deles, e despois escribide as vosas opinións... Seguro que haberá reaccións interesantes:
Hitler ganó la guerra
La CIA en España
La doctrina del shock
3. As Torres Xemelgas:
Este vídeo atopeino hai tempo, pero nunca me lembraba de penduralo na arañeira, ata que onte pola noite vin unha reportaxe de 2 horas no National Geographic Channel con imaxes inéditas das rúas do Downtown de Manhattan no lapso entre o estourido do primeiro avión e o derrubamento da segunda torre. No tempo que durou a reportaxe, constatouse unha vez máis que a realidade supera á ficción, coma sempre...
Se botan lixo pola tele e queredes ver unha película de intriga que desexas que sexa ficción, porque se as conclusións son correctas a realidade arrepiaría, entón poñédevos cómodos e xa contaredes tamén o que vos parece...
domingo, 13 de dezembro de 2009
4shared.com, libros interesantes e Torres Xemelgas...
Posted by Oishu at 14:27
Labels: dados prácticos, historia, literatura, noticias
Subscribe to:
Postar comentários (Atom)
3 Comments:
Pois eu teño algo millor,o meu Imac dispon dun disco duro externo en internet o Idisk de 20 GB, hehehe, que contenta estou con este caharro que acabo de mercar...
Por certo, eso de leer libros de forma dixital no vai conmigo. Onde este un libro de pasta e papel que se quiten esas trapalladas. Mais facil de usar imposible, non se colga, non necesita batería e non cansa a vista :)
Ei Oishu! Papei-me enteiro o documental sobre o 11-S....
Eu som algo escéptico co'as teorias conspiratórias de calquera tipo. Tamem das do 11-M, da gripe A, e da viagem a Lua, por citar algumhas. Gosto de escoitá-las, pero hai que ser crítico com elas, quizá mais que co'as oficiais. A única forma de fazer um juizo certeiro é contar com toda a informaçom. E sobre todo, ser um experto em determinados temas. Que um jornalista nom maneje bem certos conteitos físicos ou de engenharia é normal. E a gente do comum, como moito é experta no seu trabalho, e nom em explosivos, ou em se é normal que as janelas estourem nos pisos inferiores por diante do derrumbe..(as ondas mecánicas -som- vam por diante da "caida livre".... É moi facil impresionar ou manipular quanto te quitam do teu campo. Para isso as carreiras duram 5 anos, e nom 5 minutos!
Dito isto, é verdade que chama a atençom que houvesse apagóns dias antes e que andiveram tipos nom moi bem identificados colocando cabos nas torres... E o dos testigos escoitando explossons em cadeia tamem... bom....Pero eu nom me lim o reporte oficial e como se explicam estas cousas. (suponho que ti tampouco?). Por que haviamos entom de acreditar num informe tirado de internete sem analisar a(s) outra(s) parte(s), seguramente muito mais detalhadas? (E infinitamente mais pesadas que um bonito documental com música do barbeiro de sevilha estilo chill-out, hehe...?)
Penso que tamem forma parte da natureza humana o gosto polo mistério e o complot...
PS: o link aos livros, pede contrasinal.... Eu se é que os leo, primeiro os imprimo...
Gostei do post, ainda que este em realidade poderiam ser mesmo 2 ou 3!
Caro Uxio, estou com Martita no do livro tradicional.
No tocante à da conspiraçom... pois eu nom desboto nada! Os méios oficiais sempre nos transmitem umha realidade mui peneirada ou mesmo totalmente falsa.
Se leo algúm dos livros haverá que imprimi-lo primeiro. Como me chama a atençom o do Hitler...!!!!
Post a Comment