É o primeiro estudo que prognostica a vitoria do "si" nun hipotético referendo. Ademais, un 83% dos cidadáns apoian a realización da consulta.
Redacción Vieiros. - 18:35 03/12/2009
Cun 64,5% a prol do "si" á independencia destácanse as comarcas de Girona sobre o mapa de Cataluña segundo analiza o estudo da Universitat Oberta de Catalunya (UOC). Perto deses números aparecen as comarcas centrais, cun 64,2% polo "si" e só un 9,1% en contra e as de Ponent e Alt Pirineu, cun 56,3% e un 11,3% respectivamente a prol do "si" e do "non". O "si" chega ao 63,4% nas Terres del Ebre, onde un 11,9% votaría "non". Como media en toda Cataluña o apoio á independencia chegaría nun referendo ao 50,3%. O voto en contra sumaría o 17,8%. A abstención sería dun 24,6%. O maior rexeitamento abrolla nas comarcas de Tarragona. Por outro lado, un 83% dos cidadáns consultados consideran que Cataluña ten dereito a decidir o seu futuro político a través de procedementos democráticos.
Máis información:
La Vanguardia: Cataluña votaría "si" á independencia, segundo a UOC
Avui: Unha macroenquisa prevé a vitoria do "si" nun referendo
La Vanguardia: Cataluña votaría "si" á independencia, segundo a UOC
Avui: Unha macroenquisa prevé a vitoria do "si" nun referendo
1 Comment:
Nada que comentar. Claríssimo, nom?
Post a Comment