domingo, 2 de agosto de 2009

O humor galego nom fai rir em Inglaterra?


John Rutherford é professor na Universidade de Oxford, ademais da única pessoa que simultanea as condiçóns de súbdito da Coroa Británica e membro da Real Academia Galega, ja que casou cumha moça de Ribadeo e ao tempo namorou tamem de Galiza. Velaqui um pedaço da entrevista em Xornal.com, reflexionando sobre a retranca galega, moi conheiro o do "parece que vai chover", hehe:)

Pódese traducir a retranca?

Literalmente, é case imposible. Pero só case, porque todo se logra con moita paciencia e eu teño a sorte de que non vivo de traducir, e podo tomalo con calma. Pero resulta difícil, porque é moi diferente ao típico humor inglés. De feito, os ingleses non a entenden porque é demasiado sutil, fronte ao sarcasmo ao que están acostumados.

Comprobou iso de que o humor galego non fai rir en Inglaterra?

Claro. Aquí, en Ribadeo, se alguén entra no bar cando non para de caer auga, ao ver os amigos todos mollados di algo como “parece que vai chover”. Entón, un día de moita choiva en Oxford, entrei no comedor da Universidade e lembreime do bar de Ribadeo, así que quixen facer un experimento. Achegueime a un colega e díxenlle “I think it may start raining” [penso que vai chover]. El miroume de arriba a abaixo e respondeu: “John, it’s been raining all morning, you know?” [John, leva toda a mañá chovendo, sabes?].

Outro mundo.

Claro. A retranca é un humor defensivo, sutil e propio dun pobo sen goberno, e parécese moito ao humor irlandés e ao xudeu. O sarcasmo inglés, pola contra, é agresivo, directo ao igual que a famosa guasa dos andaluces e os casteláns, que tampouco son quen de entender a retranca.

Ver aqui o resto da entrevista.

2 Comments:

Marta said...

Que curioso...pero a min (exceptuando as frases resabidas ou en contextos obvios) tamén me custa pillala, que queres que che digha, é demasiado sutil, e eu tomo de forma literal hehe

Gonzalo Amorin said...

hehehehe!!! Martita´s world!!!