O goberno do PP vén de anunciar a súa intención de derrogar o concurso eólico promovido polo BNG desde o goberno. Ésta é, sen asomo de dúbida, *unha decisión política para a que non existe ningún tipo de aval xurídico*. Como xa ten feito o PP cos seus ataques ao galego e a anunciada derrogación do decreto da nosa lingua no ensino, Núñez Feijóo e os seus conselleiros e conselleiras adoptan *decisións políticas que logo tentan disfrazar como resolucións asépticas e baseadas en criterios legais inexistentes*. O decreto desenvolvido no seu día polo nacionalismo galego *responde a un proxecto verdadeiramente transformador para Galiza que buscaba un revulsivo económico e social para o País*. Este profundo cambio, a favor da economía real de Galiza, o que provocou a reacción virulenta dos sectores empresariais máis beneficiados polas políticas históricas do Estado. Os obxectivos que perseguía o BNG eran: desenvolvemento do sector, repercusión dos beneficios en Galiza, aposta pola industrialización e polas empresas propias e titularidade pública do 14% da potencia instalada que revertiría directamente no beneficio dos galegos e galegas. Cómpre lembrar tamén que o concurso levaba aparellada a realización de investimentos en proxectos de desenvolvemento por unha contía duns 1.300 ME, o que suporía a creación de milleiros de postos de traballo en plena crise económica. O do BNG era un modelo transparente de convocatoria pública, con criterios obxectivos de valoración especificados no DOG e con todas as garantías técnicas, xurídicas e administrativas. O decreto guiábase por un modelo non especualtivo, respectuoso co medio natural, que buscaba unha xestión profesional e que mantiña un rigoroso respecto polo medio natural. Tratábase de darlle a volta ao guión seguido polo PP até 2005 durante 16 anos e que agora queren recuperar. Os populares comprometeron 4.200 MW de potencia eólica con procedementos escuros e sen dar explicacións á cidadanía. Asi, admitiron a trámite parques impulsados por promotores individuais, normalmente próximos ao PP -lembremos o caso Castro Valdivia-, e que en ocasións, nin sequera acreditaban os requisitos de capacidade legal, técnica e económica esixidos pola normativa do sector eléctrico (non polos gobernos populares, que nin tan sequera tiñan criterios explícitos nin obxectivos). Fica, xa que logo, clara a finalidade desta decisión política: deixar a Galiza sen instrumentos que lle permitan valerse por si mesma e conseguir asi que se alonxe cada vez máis da soberanía e do autogoberno. Eis, de novo, os modelos nacionalista e popular contrapostos: **Participación pública frente a intereses privados* **Aposta pola economía e as empresas do País, fronte ao entreguismo ás empresas foráneas e ás grandes operadoras enerxéticas*
sábado, 8 de agosto de 2009
Subscribe to:
Postar comentários (Atom)
1 Comment:
O que está acontecendo é umha auténtica desgraça.... Co anterior decreto se reinvestia em empresas emergentes se asegurava reinvertir no pais, para crecer. Agora, a ve-las vir.
O que mais nojo me dá, som os vendidos de La Voz....buff....nom os aturo....
Post a Comment