Para quem tenha tempo de ler, se gosta do tema...
Durante séculos, os galegos construíron a cidade de Lisboa; as migracións a Portugal foron cuantitativamente das máis numerosas das que saíron de Galiza, e deixaron unha pegada moi fonda. No século XVIII, por exemplo había máis de corenta mil galegos na cidade.
Milleiros, durante séculos:
A presenza dos galegos en Lisboa está documentada dende 1371, aínda que naquel tempo a emigración se confunde co propio avance do reino cara ao sur.
A Galiza vive durante o século XVII unha das épocas, dende o punto de vista económico e demográfico, máis favorábeis da súa historia, fundamentalmente pola introdución do millo e a poboación galega dispárase. Hai comarcas que na primeira metade deste século acadan medias de mesmo 120 e 130 habitantes por km cadrado, cando as medias de poboación en España están por debaixo dos 20. Iso provocou unha migración masiva dende o sur do país cara a Portugal, que se mantivo até o século XX.
A presenza galega consolidouse en Lisboa a partir do terremoto de 1755, pola inxente necesidade de man de obra para a reconstrución da cidade. Os galegos eran traballadores cualificados e moitos deles achegaron solucións arquitectónicas propias, procedentes da construción tradicional galega; de feito, en Lisboa segue construíndose co tabique á galega. A dura competencia da emigración americana, que xorde con forza en Galicia no último terzo de século XIX non diminuíu a importancia da emigración a Lisboa.
Ademais, a experiencia das migracións a Portugal fixo que en lugares como A Cañiza, Arbo, Crecente, As Neves, Salvaterra, Ponteareas, Mondariz, Fornelos de Montes, Ponte Caldelas ou A Lama os mozos escollesen Brasil e especialmente Salvador de Bahía, como destino principal. Os galegos traballaron en gran número como augadeiros antes e despois da construción do acueduto de Lisboa. A organización dos augadeiros era moi complexa e eficaz. Había uns tres mil, divididos nos 29 chafarices cos que contaba a cidade, e dende alí distribuían a auga polas súas respectivas rotas.
A súa rede de distribución era tan ampla e o seu servizo tan eficaz que pouco a pouco foron sumando novas responsabilidades. De feito, foron os primeiros bombeiros de Lisboa. Outras veces, os seus servizos eran máis informais: os galegos foron os primeiros mensaxeiros de amor, ao levaren as cartas entre os namorados; e os galegos acompañaban tamén aos nenos á escola.
Traballadores e nobres, algo brutos:
E como eran vistos os galegos en Lisboa? O galego tiña fama de traballador, e de persoa bruta ao tempo. Xa escribiu Camoes 'sórdidos galegos, duro bando' ignorando seguramente que el mesmo tiña ascendencia galega. Seguramente por estar situada alí a Corte, o traballo non era algo ben visto pola sociedade lisboeta.
Polo tanto os galegos eran desprezados por ser os que traballaban. Pero por ese mesmo motivo hai outros autores, como Alexandre Herculano, que gabaron os galegos, porque foron os que construíron a cidade. Na literatura portuguesa en todos os casos os galegos son destacados como persoas nobres, serias, discretas. Máis aló dos tópicos, destácase a ética do galego. Por exemplo, Fernando Pessoa describe un cociñeiro galego no seu Libro do desassossego: "Hai 40 anos que aquela figura de home vive case todo o día nunha cociña (...) Almacena lentamente cartos lentos que non se propón gastar.
Poríase enfermo se tivese que retirarse da súa cociña para marchar ás terras que mercou en Galiza".E xa en 1696 Carrère escribiu que "Os seus servizos son preferidos aos dos nacionais (...) son máis orgullosos, máis aseados, máis compostos, menos aproveitados, máis listos, desembarazados, vigorosos, intelixentes exactos e máis fieis, posuíndo ademais, alén de todo isto, o mérito da fidelidade.
Os portugueses son sobrios por necesidade, os galegos, por carácter".A presenza galega en Lisboa non se institucionaliza até que en 1908 nace Xuventude Galega, o Centro Galego de Lisboa, que celebrou en novembro o seu centenario. "Créase nese momento pola evolución social que se estaba a producir en Lisboa e en todo Portugal e que deu lugar á proclamación da República en 1910.
De feito, a constitución de Xuventude da Galiza coincide coa creación do primeiro Sindicato Portugués da Hostelaría, fundado por galegos, e os promotores de ambas as dúas entidades coinciden en moitos casos. Hai un feito concreto, que é a expulsión dun grupo de galego dun baile, que os move a querer crear a súa propia asociación, para facer os seus propios bailes.
Conflitos:
Durante a Guerra das Laranxas, en 1801, que enfrontou a España e Portugal, plantexouse a expulsión dos cidadáns galegos, pero o Intendente Geral de Policia do Reino desaconsellou a medida: se se mandassem embora não haveria quem servisse as cidades de Lisboa e Porto.
Os conflitos históricos entre as coroas de Castela e Portugal son en boas medida os responsábeis do carácter 'difuso' da emigración galega ao sur do Miño. A facilidade lingüística que tiñan os galegos fixo que puidesen aparecer como un segmento máis da sociedade portuguesa, e de feito os galegos non aparecen como españois, senón que nas actas notariais aparecen como galegos ou fillos do Reino de Galiza. Pero é evidente que os conflitos entre os dous reinos obrigaron aos galegos a ter un perfil baixo. Ao longo da historia houbo numerosos casos de querer expulsar aos galegos de Lisboa.
http://km-stressnet.blogspot.com/2009/08/presenza-galega-en-lisboa.html
quinta-feira, 13 de agosto de 2009
A presença histórica dos galegos em Lisboa
Subscribe to:
Postar comentários (Atom)
3 Comments:
Que? Preparando xa o desembarco, intelectualmente? Teño contacto cun picheleiro que mora alá, ensina galego e curra na Uni, heivos pór en contacto con el, se querés (un cara legal). Contárame que o patrón dos galego-lisboetas era San Telmo (e alí lle facían misa e todo): acontece ser este un santo moi avogoso para cuestións de ósos, e os galegos tiñan moito problema de quebraduras e estorcegamentos por causa de seren, entre outras cousas, os que facían as mudanzas na cidade (as físicas, digo, non as políticas). Aproveitar América mentres dure, se inda estades por alá!!
O desembarco intelectual é mais doado que o físico.... hehe... O fisico, sem embargo, bufff...Entre pitos e flautas temos aqui no pisso 9 caixas que hai que mandar por barco...na última caixa no sem já se som flitos ou pautas o sabediosqué... O piso sem subarrendar ainda, e nom sei que vamos fazer cos sofás...
Setembro pasaremo-lo pola terra que nos pariu, e outubro pola Estremadura. Envia-me um emilio co endereço do teu colega pois!!
Muito interesante caro Chini! Manda caralho os primeiros bombeiros, mira ti! Pois eu tamem tenho gente em Lisboa, um tio da minha bisavoa marchou para lá, chamava-se Wesceslao Amorim e tenho entendido que montara ali um restaurante. A ver se atopas aos seus descentes, a minha familia perdeu totalmente o contacto com eles. Teria o seu aquel!! hehehehe!!! Pronto andarás pola Galiza, nom?
Post a Comment