segunda-feira, 17 de agosto de 2009

Aviso a navegantes musicais!!!

"Onde andan os So-braaaados,
coo seu baixo Gus-ta-veeee te...."

Seis grupos portugueses xirarán por Galiza este outono, mentres once bandas galegas actuarán no país veciño. De Outra Margem, Aló Django, Banda Potemkin, Bukowski Blues Trío, Carmen Dor, Coanhadeira, Lamatumbá, Modulok Trío, Portrait, Som do Galpom e Son+D2. En total serán 25 concertos en Porto, Chaves, Aveiro, Évora, Águeda, Amarante, Estarreja, Fundão, Ovar, Tondela e Torres Novas.

Os concertos son o resultado do intercambio entre a Rede Galega de Música ao Vivo e a rede OuTonalidades. É o segundo ano que se produce este acordo de colaboración entre a Agadic e a Orfeu Associação Cultural, que permitirá tamén que seis bandas lusas actúen en Galiza. Comcordas, Olivetree, Samasati, Sofia Ribeiro, Taberna Revisitada e Uxu Kalhus estarán entre setembro e decembro en Bueu, A Coruña, A Laracha, Allariz, Ferrol, O Grove, Lugo, Melide e Ourense.

0 Comments: