domingo, 16 de agosto de 2009

Comu dixu l'outro

Dicíao Leonard Cohen, en Chelsea Hotel ("I remember you well in the Chelsea Hotel /you were famous, your heart was a legend. / You told me again you preferred handsome men / but for me you would make an exception"). E eu non teño o hábito nesta nosa zona (por certo, hai pouco confirmei que en portugués do Brasil "zona" aplícase exclusivamente aos malos bairros da cidade, aos inferniños, a zona de lenocinio, pois) de facer, digo, enlaces ao tubo, pero desta vai unha excepción. Estaba naufragando as altas horas na internet e dei con esta xoia oriental. Vaia coma un saúdo a certo noso veciño fronteirizo, que seica anda polas illas e hai tempo que se non manifesta. Andar polo segau!

3 Comments:

O'Chini said...

"Voite dar una ostia que vamos morrer los dos: tu de la ostia, y yo de la onda expansiva" hohoho:)

Marta said...

Hahahahaha, que coñeiro...margaritos!

Gonzalo Amorin said...

Ao Mingos cairiam-lhe as bágoas! hehehehehe!!!!