sexta-feira, 6 de fevereiro de 2009

Xa esta eiquí o antroido!




Bueno, bueno, eu andiven hoxe facendo unha proba de maquillaxe para ver se conseguía parecerme a Angelina Jolie, e mira o que saiu!, Gene simmons, o baixista de Kiss!!! Pois iso, unha hora de maquillaxe, para comprobar que a maquillaxe que merquei é un pouco merdenta. Non é moi opaca e a pesar de darlle bastantes capas, inda por riba deixa as marcas das pinceladas, parece que tes a cara enfurruxada. Así que a pesar das miñas dotes artisticas para o debuxo desistin en seguir perfeccionando o diseño. A ver se atopo algo millor por ahí, se sabedes algo aconsellademe. Por certo, inda me faltan 3 compoñentes do grupo, se alguén quere unirse... hehehehe. Bueno agora a quitar toda esta merdada da cara, espero que non me leve outra hora debaixo da ducha...

Un saudo.

5 Comments:

O'Chini said...

Mimá que susto!!!
Moi logrado!!!

crisbodelon said...

Mamma! Costoume recoñecerte ó principio! Que gracia! Imaxínote nestas tardes de choiva, experimentando frente ó espello, ten coña! Sigue enviando novos resultados!

Anônimo said...

Marta, pero agora tes que moderte a lingua e desparramar o sangue como facía o de kiss!! XD

Gonzalo Amorin said...

Contra pero se é a Marta! Juro que nom te reconhecia, que cosa chico!

Marta said...

POis si, polo que vexo xa podo atracar un banco sen que me recoñezan. Cando me quitei todo iso me sentin unha beleza e todo (mais do que son hehe). O da lingua, bueno quedamos en botala fora e xa esta, non quero manchar a maquillaxe...O día que me disfrace ao completo xa colgarei o resultado hihi...