Aparte do eolico, parece que hai mais...
Todo se vai descobrindo.......!!!
----------------------------------------------------
O xornal deportivo Depor Sport, editado polo Deportivo da Coruña, cargou onte contra a política de subvencións da Xunta de Galiza no tocante aos medios de comunicación e en especial contra as axudas que recibiu La Voz de Galicia S.A. e o Grupo Voz que en 2008 ascenderon a máis dun millón de euros.
Critican dende o Depor Sport que La Voz se opoña a que a Xunta patrocine aos equipos de fútbol (a cambio promoción) cando ela recibe, sen achegar en contrapartida nada a cambio, axudas millonarias.
Neste contexto sinalan que o virulento ataque que está a acometer La Voz contra o BNG "obedece á intención de Quintana de cambiar a relación entre a Xunta e os medios", como asegurou recentemente o nacionalista nun almorzo no Colexio de Xornalistas e Galiza.
Para o Depor Sport "esta iniciativa vai destinada a poñer fin ás prácticas clientelares que permitiron a Santi Rey ter influencia na vida política galega", un poder que se podería ver truncado se os nacionalistas repiten á fronte do Goberno da Xunta .
0 Comments:
Post a Comment