Bos e particolares días:
Onte no mitín do BNG na Coruña o ambiente era case igual ao que existía nos que daba Beiras: a xente estaba con ledicia, tensión e azos, e os oradores non empregaron papeis para falar dende o corazón cos argumentos e as ideas que achega o raciocinio logo de profundar e cavilar; falaban con enerxía e disparaban ao contrincante munición ideolóxica e política de máis peso que nos últimos anos (case non se botaba de menos o armamento que empregaba Beiras). Cómpre recuperar dunha vez o vieiro de expresar con claridade e rotundidade as ideas que os diferencian dos demais grazas ao seu compromiso exclusivo e irrenunciable con esta terra e a súa xente.
A campaña que están a facer determinados medios e o PP coido que, malia todo, a medio prazo non lle vai ser negativa ao BNG, fundamentalmente por dous motivos: primeiro porque demostra que son conscientes da entidade que xa supón e pode chegar a supor o Bloque (seica di Don Quixote: “ladran, luego cabalgamos”); e segundo, porque o primeiro chanzo para que fagan caso ao que tes que ofrecer, un dos principios fundamentais da psicoloxía da seducción e da mercadotecnia é chamar a atención, que te coñezan, que se saiba que existes (é o que condensa o dito ese de que o importante é que falen dun, aínda que sexa mal).
Xa que logo, coido que por primeira vez o PP coida que o BNG é un contrincante digno de ser tido en conta e por iso se ve obrigado a empregar toda a súa artillería local e estatal contra el; tamén coido que o BNG se está curando de certa inxenuidade que viña amosando dende que entrou na Xunta.
Meus reis, alea jacta est!
quinta-feira, 26 de fevereiro de 2009
Oubean e ladran
Subscribe to:
Postar comentários (Atom)
2 Comments:
Hei!!!
Tas feito um corresponsal!!!
Eu sinceiramente estou flipando com todo isto. Compara por exemplo El Correo de hoje com La Voz . (El correo di que ja publicara esas fotos no 2005)
Eu simplemente, F L I P O.
Errado batizinio meu caro Ugio! Voltou a escuridade!
Post a Comment