segunda-feira, 23 de fevereiro de 2009

I WANNA BE A ROCK STAR...

Joder o sábado saín disfrazada desta guisa por Santiago e que ben o pasei, oes. Coñecin a Amy winhouse, coa que prometin facer unha colaboración. Un chulo ofreceume a súa puta pra levarma ao Hotel (estabamos de xira por Santiago, obviamente...). Pregunteille a un leon se quería ser a miña mascota no meu proximo concerto. Os nosos fans fixeronse unhas cantas fotos con nos, polas ruas, nos pubs (como na foto de abaixo). Puteei a a algunha xente que non me recoñecía, hehe. No Maycar tiven un mini grupo de adeptos con algúns Heavys pululando o meu arredor aos que lle din conversa sobre Megadeth, sepultura, Pantera, Whitesnake cousa que eu non escoito moito...HAha (creo que cando marchamos de ali ata querían seguirnos...). E incluso liguei con esa pinta (mi má...). Un tipo quería que lle dese o meu autografo coa lingua, e cando lle levei a sua man ao meu paquete de calcetín (que cargaba hacia a esquerda) dime: ¡No jodas! e deuse a volta...(en fin parece incrible que algunha xente dubidase de que era unha tipa, vamos...de feito unha tia cando me viu no baño foise ao do lado que resulta que era o dos tios pensando que era ao reves) Á miña colega que ía mais femenina non lle daban tanta conversa, segun me contou pasaban directamente a tocarlle o cu disimuladamente haha..



Non pasabamos desapercibidos por ningun lado, estivo xenial. No curruncho ata nos dedicaron un dos éxitos do noso grupo que agora esta moi de moda.





E despois de meterme no papel e sentirme famosa por un día...que tristeza quitarme o disfraz e ser invisible de novo...I WANNA BE A ROCK STAR!

2 Comments:

Gonzalo Amorin said...

Goder!!! hehehehe!!! Que bem o passa-ches! O relato mesmo parez umha fábula. Menudas aventuras antroideiras, confundir-te cum tipo?! Mama!!! hehehehe!!!!

gusta_vete said...

Que bo!!. Eso si que é disfrutar o entroido. Eu desta vez creo que nin me vou disfrazar.