sábado, 28 de fevereiro de 2009

O Can de Agua Portugues

Velaqui vos deixo un video explicando un pouco como é o novo can de Obama, o Can de Agua Portugues. Entre as suas caracteristicas especiais contan que ten mais do dobre de capacidade pulmonar que o resto dos cans para mergullarse ata 2 metros de profundidade, e tamén membranas interdixitais!!! Pero parece que unha das verdadeira razons de peso para os Obama para escoller este can foi que non solta pelo, ao ser unha das suas fillas algo alerxica.

No video explica como axudaba aos pescadores portugueses colocandose na proa dos barcos e ladrando cando cheiraba un banco de peixes. Logo, saltaba á agua e empurraba os peixes para adentro da rede. Impresionante!!!! Noutros videos que circulan por youtube podese ver como o cadeliño de verdade desfruta da auga. O nome venlle que nin pintado.


0 Comments: