terça-feira, 4 de novembro de 2008

Yes, they can

Obama esta em Hyde Park, aqui, na no barrio da universidade. Depois havera umha gram festa em Grand Park, se ganhasse....

Hoje os conductores do metro saudam polos altofalantes em cada parada e dim "God bless you. And don't forget to vote"... ou "Relax, have a coffe, and go to vote".

Palpa-se no ambiente. Algo historico pode acontecer, milhor, deve.
A gente leva dias votando anticipadamente, aguardando 4,5,6 horas em colas dos colegios electorais, (o sistema de voto e bem arcaico e lento, por certo...)

Bom, mais eu estou convecido de que si, eles podem.

4 Comments:

crisbodelon said...

Como xa temos falado, Zzini, aínda que os cambios que se efectuen non serán tan grandes, que hai moita propaganda sensibleira e demáis, ´colgando aquí o vídeo, hehe. Resulta romántico. Todos remataremos botando unha lagrimiña, eso espero.
Pero sí, vós estades a vivir ese momento histórico. Que sorte!
Yes, we can!

Edu P. said...

A verdade é que a min me custa sentir un mínimo de ledicia pola (posíbel) victoria de Obama, mais ou menos tanto como pola victoria da selección española na Eurocopa...
O único polo que me alegro é pola marcha de Bush.

E canto ao fito histórico da (posíbel) victoria de Obama supoño que xirará arredor da súa "negritude". O certo é que obviando a innegábel cuestión física (o tipo é negro), falando cunha fonda ignorancia diría que sociolóxicamente a súa "negritude" non é tal.

Pra min o cambio que representa Obama fronte a McCain-Palin como substitutos de Bush sería como andar facendo campaña por Gallardón fronte a Trillo-Esperanza como substitutos de Aznar... cambia o can ou cambia o colar?

O'Chini said...

Obama mobilizou como ninguem a jovens que nunca votaram, ás minorias que se sentiam desplazadas. A sua negritude é real: pasou-nas crudas coa sua mai quando era novinho, e já de adulto estivo involucrado na loita social em bárrios pobres, os barrios negros de chicago.

A sua mensagem é diferente, nota-se. O que passa é que é moi comedido. Nom di todo o que pensa. Por exemplo, sobre a pena de morte, ou sobre as armas.

Um largo caminho começa cum só passo. Por isso parece o mesmo cam. Mais nom é. Ou polo menos transmite que nom é.

McCain é um tipo que fala do exército, de intervençom exterior. Que acusa a Obama de "socialista" porque clama pola redistribuçom da riqueza. (grande pecado para um cristiam como ele e os republicanos, manda caralho...)

Obama fala de seguridade social, superaçom do debate racial, diálogo com os líderes internacionais.

Si que é diferente...

Hai que separar todo isto do efectismo mediático, concordo. Sem embargo, hai um contido emocional real em todo isto... A gente joven americana nom som tam carcas....

crisbodelon said...

Aí, Zini! Estou dacordo. Hai que ter enconta que actuará de forma comedida en discursos que toquen determinado temas para poder chegar ó poder e así poder materializar os cambios.
Hai concienciación social, hai gañas de cambio...
Agora temos a posibilidade de ver as melloras prometidas. Esta situación tan idónea era impensable fai poucos anos.
Un pouco de esperanza!