sexta-feira, 21 de novembro de 2008

Voluntariado de activacion lingüística

O que lle interese facerse voluntario aqui vai esto, eu igual me apunto(non sei se para ensinar o galego ou para aprendelo, creo que o primeiro pero as veces dubido hehe). A historia e que te comprometes a falar prioriatariamente en galego durante 10 sesions dunha hora e como as conversas serán moi abertas supoño que podes escoller a tua parella linguistica segun teña mais ou menos afinidade cos teus intereses e en funcion do que escribas no formulario de inscripcion (Haha, dito así parece de axencia matrimonial, pero penso que pode ser interesante como intercambio cultural). Mais informacion:http://www.valingua.org

PROGRAMA DE ACTIVACIÓN LINGÜÍSTICA PARA A PARTICIPACIÓN CIDADÁ
PRESENTACIÓN

Desenvolvido pola Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade está coordinado pola Mesa pola Normalización Lingüística.

O programa está deseñado para fomentar a participación social e práctica da lingua galega e favorecer o intercambio cultural.

Persoas galegofalantes compartirán parte do seu tempo libre con outras que precisen axuda para practicar a conversación e aumentar os seus coñecementos. Desta maneira será máis doado para as persoas foráneas ou non galegofalantes a súa estadía en Galiza e poderán apreciar a variedade e diversidade das manifestacións culturais galegas.

Consiste en promover a formación de parellas de voluntariado e persoas que queiran aprender máis sobre a lingua e cultura galegas na súa estadía en Galiza.
Neste programa promóvese a relación intercultural e o intercambio de experiencias tendo como vehículo a lingua galega.

É un programa aberto para persoas e entidades e desenvólvese en tres formas de participación: Voluntarias/os, Activas/os e Asociacións.

7 Comments:

Gonzalo Amorin said...

hehehe!! Pois está bem. Pero se sacas de contexto o texto tem mais conha!! hehehe!! Eu passo de voluntariado. Que lhe paguem a gente polo seu trabalho...

Marta said...

Hahaha, coño inda non acabara de reeditar a entrada e xa pos un comentario!Bueno eu tamen penso coma ti respecto ao voluntariado tipo asistencia social, psicoloxica, de apoio escolar... moito morro cando poderian estar contratando a un psicologo, pedagogo...etc, pero niste caso eu o vexo mais como un intercambio, ¿que tipo de profesional tería que estar desempeñando este traballo? quizais me equivoque...

Gonzalo Amorin said...

A ver, pois hai-che muito filólogo em paro! Nom? Eu entendo que a cousa esterá mais ao intercâmbio e a reciprocidade, pero...nom gosto do voluntariado. Eu considero-o outro dos triunfos do capitalismo, fam-che trabalhar a conta de nada. Polo feito de obter umha espécie de recompensa "chachi" ante a sociedade. Nada!!! Que hai muita gente no paro.

Edu P. said...

Vaia, pois tócame discrepar outra vez... O voluntariado un dos triunfos do capitalismo???
Pareceme unha análise un pouco alonxada do que debería ser (e en moitas ocasións é) o voluntariado.
Certamente, como tantas outras facetas da nosa vida, o voluntariado atópase inmerso na espiral consumista, e daquela hai moito "consumidor" de voluntariado e moita oferta de voluntariado "de usar e tirar" ou pra consumir. Pero de aí a que o voluntariado de seu sexa un triunfo do capitalismo haiche ben diferencia.
Eu entendo que o voluntariado, apoiado no tecido asociativo, non deixa de ser un xeito de compromiso persoal e social VOLUNTARIO e que pra min é un espazo privilexiadisimo para a participación, a transformación social, a movilización da sociedade civil a construción de alternativas ao sistema e para tantas outras cousas de "política con maiúsculas" que a nosa ¿democracia/partidocracia? esquece.
Daquela meter toda a acción voluntaria organizada e colectiva no saco dos danos colaterais do libre mercado parécecheme a min confundir o cú coas témporas

Exemplo: un ancián sen familia e con certo nivel de "dependencia" debería ter todo o apoio das estruturas do estado para ter unha vida digna, e contar cos mellores profesionais sanitarios, sociais, etc, etc que fan o mellor que poden/saben comprometidos coa súa profesión (e vendo remunerado o seu traballo, que por veces tamén será a súa vocación e o que lles presta facer). Pero... preguntome eu se é un trunfo do capitalismo que haxa unha rede social organizada, doutros maiores, con menos dependencia, que poidan achegarse á súa casa a estar con este home, falar con el e facerlle compañía. A dona do piso no que vivía eu cando estudaba a carreira, tiña 60 e pico anos e ía, porque lle gustaba, a estar con outra xente, era voluntaria nunha entidade de voluntariado. Eu pregúntome se eu cos anos dese ancián me aportaría algo unha presenza como esa, voluntaria, desinteresada, complementaria a todas as demáis tarefas profesionais que precisaría... e creo que non teño dúbidas

Gonzalo Amorin said...

Caro Duarte a tua análise é acertada e o exemplo que pós nom tem dúvida. Pero eu, assim e todo, nom o entendo como um acto de voluntariado à moderna usança. Desde mui velho, em todas as sociedades, o trabalho comunal existiu, nom como compensaçom bemfeitora ou moral unicamente; senom como feito de reciprocidade é bem comum. Um trabalho em equipa, interessado no mantemento da estrutura e redundante finalmente no bebeficio individual. Solidariedade.
O que eu critico do voluntariado actual é que, em certos casos, trabalha a prol do mesmo individualismo, reforçando egos soidosos colmados de vaidade. Essa imagem de gente "chachi" que ajuda aos desgraçados...! Asemade, penso que este voluntariado moderno creia umhas inércias às que o Estado se pode acostumar comodamente, perpetuando um problema com parches sem acadar umha soluçom verdadeira. Entendo os muitos benefícios que poida ter mais nom comparto a sua filosofia.

Edu P. said...

Daquela, estamos radicalmente falando do mesmo... o voluntariado de seu non é nin de lonxe un subproduto do capitalismo. E polo tanto o voluntariado é/podería/debería ser un elemento importante de construción de alternativas e en definitiva do que lóxicamente entenderíamos por solidariedade.

O que acontece, coma con todo, é que o capitalismo se apropia das formas de calquera cousa para levalas "ao seu rego", ese enfoque de consumo de voluntariado (que non é voluntario, se espera a cambio ese "recoñecemento", ese sentirse "xente chachi") é fondamente criticábel.

E en resume... non todo o voluntariado moderno é deste segundo modelo. De aí xurdía o meu desacordo, tornado agora xa en cordial entendemento. :D

Gonzalo Amorin said...

Fetem! Caro Duarte.