sexta-feira, 21 de novembro de 2008

Incêndio no Porrinho.

Já havia tempo que nom vos ilustrava com algumha das minhas anecdotas bomberís. Outro petate de tres pares de colhons. Desta vez a nom mais de 500 metros do mesmo parque. Às quatro da madrugada chaman-nos directamente ao timbre da entrada e...venha a guerrear! Menudo becho!! Eramos tres de guarda, "o monstro" - como di um dos nossos mandos - saia polo teito a mais de sete metros de altura. Mama!! A ver quem lhe botava a mam! Houbemos de mobilizar a reforços nossos, aos bombeiros de Vigo, do Morraço, do Salnés, de Valença, de Ponte Areias; aos GRUMIR de Nigrám e de Salceda de Caselas, várias Agrupaçons de Protecçom Civil. Pois desde as quatro até as duas da tarde do dia seguinte. Ainda hoje me doe o lombo. hehehe!!! Desta nom houbo fotógrafo que te cagas, pero andava eu por ali. Som já do final, quando o controlamos. A ver que vos parece.









Aqui vos envio a nova recolhida em "La Voz".

Un incendio nunha nave de reciclaxe do Porriño mobiliza a bombeiros de cinco parques.

As chamas calcinaron completamente o interior do edificio onde se acumalaban toneladas de residuos. Orixinouse sobre as catro e tardouse tres horas en controlalo.

Un incendio destruíu de madrugada por completo o interior dunha nave de reciclaxe de residuos no Porriño. Foi tal a forza e virulencia das chamas, que se expandiron con facilidade a través dos residuos plásticos acumulados, que foi necesario que ademais dos bombeiros da localidade pontevedresa acudisen os doutros tres parques da provincia e un camión desde o norte de Portugal.

A fácil expansión das chamas grazas ás 120 toneladas de residuos que se acumulaban no interior da nave de Xesnatura, do Grupo González Couceiro, obrigaron a mobilizar a efectivos dos parques de bombeiros do Porriño, Vigo, O Morrazo, Ponteareas e Valença que permaneceron traballando máis de tres horas para apagar as chamas.

Os primeiros en chegar foron os bombeiros do Porriño que sobre as cinco da madrugada solicitaron a asistencia de seis bombas #ama de cría\\\ para poder apagar o incendio e estableceron un perímetro ao redor da nave, para que as chamas non saltasen a outras naves. O lume calcinou todo o interior da nave, incluída a maquinaria, e afectou en parte á estrutura do edificio.

Pouco logo das sete da mañá conseguiuse controlar o incendio e aínda que nestes momentos está extinguido permanecen efectivos de bombeiros controlando a zona e refrigerando os cascallos para evitar que se aviven as chamas.

A nave de Xesnatura, situada no polígono das Gándaras, levaba apenas dous anos en funcionamento e dedicándose á reciclaxe de residuos. Agora terá que afrontar os cuantiosos danos materiais que xa se calculan en perdidas millonarias. Segundo apunta axénciaa Efe, en canto ao auga mesturada cos restos do incendio determinouse a inexistencia de perigo por contaminación, pois esas augas están canalizadas cara á depuradora da propia empresa, polo que non hai risco para ningún acuífero de abastecemento á poboación, engadiron as mesmas fontes.

4 Comments:

crisbodelon said...

Joer, saes máis na prensa cos famosetes. Foi meu pai quen me ensinou a noticia no periódico. Pena non ter fotos do "monstruo" pero con estas xa nos facemos unha idea.

Marta said...

A verdade e que si...Hei cris! como vai o da curta?

crisbodelon said...

Ola Martiña! A tope de traballo!! Pero moi contenta. Estamos creando unha estética futurista impresionante! ó final rodamos na segunda semana de decembro. Xa vos contarei.

O'Chini said...

Parabéns polo trabalho bem feito Gon! Si senhor!!!