Comezamos unha nova serie de entregas, ao modo doutras anteriores coma o Cadavre Exquisito ou O Concursazo, nesta nosa querida canle d'A Zona Velha (ou no máis enxebre a Vetusta Zoa).
Queremos, en Un espazo para a cultura, abrir un camiño para o compartillamento das máis interesantes manifestazóns artísticas que un@s e outr@s enxerguemos no mundo cultural de alá onde estivermos. Unha fiestra, xanela (ou ventá) para os moitos mundos que aparecen nos ecráns dos nosos computadores europeos, americanos ou portugueses.
E é o noso desexo, hoxe, abrir esta serie cunha pequena pílula cultural do noso universo máis moderno e internacional. Veremos, así, esta noite ou tarde ontariana un exemplo da conxunción melíflua e fértil de dúas das artes máis propias do noso tempo -o vídeo e máis a música electrónica. Unha délicatessen que mostra o espíritu sensible e coidadoso dos máis requintados creadores de, neste caso, o país azteca.
Unha pequena pinga de Arte con maiúsculas, neste noso mundo electrónico e irascible.
Vede, vede: http://www.youtube.com/watch?v=LybAHotsvOg
2 Comments:
Como lhe diria Higgins a Magnum, tam só me atrevo a dizer: Oh meu deus!!!!
Pois inaugurada fica!!
Por certo, computadores europeus, americanos ou portugueses? :):):) É-che como o chiste aquel do que se foi de Madrid para voltar a Espanha. hehehe:)
Post a Comment