quarta-feira, 15 de junho de 2011

A frustracion do Galeguismo

Os nacionalistas queremos forzas politicas con vocación maioritaria, integradoras do conxunto da sociedade galega, non queremos ser sucedaneos ou muletas de outras forzas politicas e para iso hai que abandonar discursos hacia os que se ten escorado nos últimos anos máiis propios da esquerda española que do tradicional discurso propio de defensa dos intereses do país.

Moitos dos que nos sentimos cada día máis frustrados non entendemos nin compartimos como argumentos o impedimento de acceder ao goberno a partidos politicos que so contribuen a instalar a idea de que o nacionaliismo ten vocación de atarse ao españolismo de esquerda e de involucionar hacia unha posicion resistencialista coa protesta social como única ferramenta para condicionar e millorar o país.

Nin é bo dividir o nacionalismo en diferentes forzas, nin manter unha estructura frontista arcaica con unha evidente febleza e descontento, en permanente tensión interna que impide adiicar todos os esforzos a conquerir priorizar unha fortaleza social atraendo ao nacionalismo a todos e todas as galegas como millor opción obxetiva para o seu benestar e riqueza.

Moitos dos que nos sentimos frustrados sabemos que seremos (outra vez máis) testemuñas do enesimo debate pechado en falso, que non aportará nada novo nin ilusionante á sociedade galega e que acentuará un retroceso que Galiza está xa a pagar moi caro.

Mentras o os esforzos sigan centrados en debates de control interno, en repartos de miserias, en liquidación de referentes sociais en aras de priorización de supostos intereses colectivos, en desgastar os esforzos contra os afins que contra os rivais... o nacionalismo vai camiño de se convertir en residual no país que ten que defender e construir.

Moitos dos que nos sentimos frustrados politicamente agardamos ver un nacionalismo renovado, nas ideas e nas persoas que o representan, porque as persoas executan as ideas, e despois de anos de retrocesos constantes, seguimos a ver as mesmas caras sen que ninguén (agás contadas excepcións)teña asumido responsabilidades dos evidentes fracasos.

Resulta paradoxico que destacados referentes do nacionalismo sigan a teimar en que o pobo está equivocado e en que eles son os verdadeiros posuidores da verdade, en que a participacion nas institucións é a que debilita ao nacionalismo mentras que a maior parte de estes levan anos liberados politica e sindicalmente, desconectados da realidade soocial e instalados en unha idea de país que só existe na súa cabeza, endogámica, despreciativa non só hacia outras ideas, senón incluso coa maioría da sociedade por non darse conta que a verdade e a razón son eles.

O nacionalismo politico non está hoxe á altura do que o país merece, e mentras non haxa un verdadeiro recoñecemento dos erros e unha intención real de poñer o país por diante de outros intereses, levar ao nacionalismo ao maior número de gobernos e ser maioriitarios, sen preconceptos nin ataduras externas con ninguén, a maioría dos galegos e galegas non verán útil ao nacionalismo, máis preocupado en debates internos que a sociede non entende, nin aportan nada á soluución dos seus problemas reais.

http://galiciaconfidencial.com/nova/8043.html

0 Comments: