sexta-feira, 29 de outubro de 2010

Un Papa más català que galego

Noticia de El Mundo. Que cada um tire as suas conclussons.

No hay color. El catalán gana por goleada al gallego en las celebraciones litúrgicas del papa Ratzinger en su próxima visita a Santiago de Compostela y a Barcelona, los días 6 y 7 de noviembre.

Resto da noticia, El Mundo.

7 Comments:

O'Poldow said...

Non sei onde parrochas metín "Otra idea de Galicia", de M.A. Murado, que daba números de bispos galegos en Compostela entre os séculos XV e XIX (por certo, quen mo recomendou tiña razón... está bárbaro! Pluma privilexiada!)... Coas dedas se contaban.

Hoxe, porén, estou currista, que el ía máis lonxe eran tempos onde máis os había que non se afastaban en silencio do facistol. Outros ídolos hai agora.

E dicía, O'Vate(dor):

“De Cristo a mística esposa
fixo nefando adulterio
e a súa falta vergonzosa
non terá perdón divino
senón cando a Cristo torne
dos brazos de Constantino”.

Constantino?... ah, aghá.

Pero hai outras voces, e qué ben que as haxa: http://www.vieiros.com/canais/26/canal-irimia

O'Poldow said...

Mais en todo caso, a min estas noticias o que máis me gusta delas é seguir os comentarios dos lectores. Lectores de El Mundo, para máis inri!
E polo medio, un que di que somos, os galegos (esa entelequia) derrotados e tristes...

Cando fun a Madrid a última vez, no Consulado Brasileiro dixéranme que eramos poéticos e místicos... pero

Derrotados?

Tristes?

O'Chini said...

Os espanhois cachondeando-se de nós...
nom notades o rintintin no titular?

Tanto queixar-se dos cataláns, pero no fondo admiran-os.... É-che o que hai....

Eu si que penso que somos uns derrotados... tristes...nom sei...

O'Poldow said...
Este comentário foi removido pelo autor.
O'Poldow said...

Ah, non. É mellor levar eses sentimentos máis por debaixo da pel, Docteur O'Chainis. Que levalos á tona, á flor, é demasiado sentir. Que se cachondean? Pois en realidade só reflicten unha verdade. Que se empalman coa falicidade (de fallus) catalá? Que lles cunda. A construción do país de noso vén ben por outros ruleiros, por outras congostras. E certamente que son moitas xeracións de escoitar falar de Imperios e de sabermos de doridas Beltranexas... pero iso tamén é un reto, unha forza criadora. Facer votos aínda hoxe pola insumisión e outralternativa, outa alternativa...

Máis versos ("Words, words, words", dicía Hamlet), hoxe dun poeta bretón, Xavier Grall (1930-1981):

"Nous te ferons, Bretagne
avec des mots drus comme les grêles
avec des mots tranchants comme les faux..."

E non é corrida contra-reloxo nin sprint. É maratón, é slalom, son os tempos que virán. E non parteu!

O'Chini said...

Vamos fazê-lo, Bretanha
com palavras como fio fino
com palavras tam afiadas como...

Bonita poesia, caro Poldo!! Como prosegue?

Por certo, tivem que tirar do google translate! Eu nom sei francês, e a mim parecia-me mesmo que estava a falar de grelos!!!

O'Poldow said...

Hahaha! Eu tamén pensaba nos grelos, pero é ben outra cousa. Creo que quedaría máis perto ao orixinal así:

NÓS TE FAREMOS, BRETAÑA
con palabras mestas coma a chuvia
con palabras afiadas coma as fouces
Pobo da Catorce
Pobo de sacristáns
Pobo de sapos
Encheremos a boca das túas campás
Sinto que vén a aurora
Co brasón das brétemas
Sinto que a maruxía chega
Á agulla do compás
Dicindo o teu nome, Bretaña
Darémosche forma
Farémoste patria
Con verbas máis fortes
Cás resinas do Quebec
Farémoste nación
Con palabras máis ásperas
Cós gritos dos crucificados na Cabilia
Farémoste, Bretaña
Con palabras máis doces
Cá carne das granadas
Con son de revolta
Desfaremos a danza dos corvos
Para contruír a túa morada
Á túa imaxe, parecida a ti
Non podemos estar sempre collendo o tren dos outros
Non podemos beber sempre o viño dos demais
Farémoste, Bretaña
Con verbas máis quentes cós froitos da Vera Cruz
Con febras máis duras có ébano de Mali
Con libros máis grandes có vento dos Gaël
Nós te faremos, Bretaña
Con verbas alegres coma lares para ficar
Nós te faremos, Nós te faremos, Nós te faremos