NOTA DE PRENSA :
A revista Retranca, especial visita do Papa, secuestrada pola imprenta
O número da revista Retranca que estaba a piques de saír, que tiña como tema central a próxima visita do Papa a Galicia, acaba de ser secuestrado pola imprenta. Os propietarios da empresa Imprenta Jiménez Godoy, radicada en Murcia, néganse a entregar os exemplares da revista para a súa distribución, aducindo o seu desacordo moral co contido da mesma.
Nunha conversa telefónica mantida con Kiko da Silva, director de Retranca, o dono de Imprenta Jiménez Godoy explicou que a revista, aínda que xa estaba impresa e lista para o envío á distribuidora, non se ía entregar porque a empresa que dirixe estaba en total desacordo “co ataque ao Papa e á Igrexa”. É a primeira vez que unha imprenta, cun traballo xa impreso e cun contrato de por medio, decide unilateralmente non entregar a publicación alegando a súa disconformidade cos contidos da mesma. Retranca deixa claro que foi a imprenta a que acudiu á nosa empresa para ofrecerse a imprimir a nosa publicación, sabendo de sobra que se trata dunha revista satírico-política.
Desde Retranca queremos tranquilizar aos nosos lectores anunciando que o número secuestrado estase a imprimir xa noutra imprenta e que chegará aos quioscos en breve.
Tamén queremos facer público que estamos tratando cos nosos avogados para tomar medidas contra os danos e prexuízos causados polo incumprimento de contrato da Imprenta Jiménez Godoy.
Retranca é unha revista galega de humor satírico que leva nos quioscos desde o ano 2007 e que o vindeiro sábado día 30 de outubro celebrará o seu terceiro aniversario cun acto no Café Moderno de Pontevedra ás 20.00 horas. Retranca, a primeira revista galega de humor que consegue sobrevivir sen subvencións, recibiu na súa curta existencia o Premio do Público do Salò do Cómic de Barcelona e acaba de recibir o Premio Ourense á Mellor Iniciativa de Banda Deseñada.
O número era un especial sobre a visita do Papa a Galicia, e conta como autores invitados a colaboradores de la revista EL JUEVES (Jordi March, Guillermo, Manuel Bartual , Fer e Bernardo Vergara) ademais dos colaboradores habituais da revista.
http://revistaretranca.blogspot.com/2010/10/revista-retranca-secuestrada-pola.html
quarta-feira, 27 de outubro de 2010
A revista retranca "secuestrada" pola imprenta
Posted by Marta at 16:12
Subscribe to:
Postar comentários (Atom)
9 Comments:
Bueno, bueno, mais que un "secuestro" é un incumplimento de contrato por parte da imprenta. Non impide que a impriman noutro lado e a distribuian. Supoño que así farán máis márketing da historia e venderán mais exemplares, que non está mal. Eu mercarei un! Pero manda carallo eh! :)
Ostras! Pois a mim parece-me mui grave!!
Derom-se conta agora, nom? Se avisaram antes, pois o tipo iria a outra imprenta com antelaçom e ponto.
E eu penso que si é um secuestro dumha publicaçom. O ojectivo é impedir ou retrasar a saida da revista à rua. Ponto.
Igualmente expulsar gases polo ano chama-se, com todas as letras, "botar um peido"! :D Eufemismos fóra!!
A ver eu non estou a favor de este tipo de accións, pero eu penso que o da impenta foi mais un acto de "obxeción de conciencia" que outra cousa, o que pasa que en contratos mercantís ti non podes obxetar...en fin chamarlle "secuestro" paréceme esaxerado, que non quere dicir que o asunto non sexa grave e que se merezan a demanda que lle van a por...
Sí que me pareceu o caso del "Jueves" coa portada do principe e letizia que se retiraron dos quioscos e todo iso, pero isto non o vexo así...
Pois é-che o mesmo.
Nom seria sequestro se se negaram a imprimir ANTES de imprimir. Por que caralho imprimirom as cópias se nom lhas iam entregar?
Eu penso que o director non as viu ata que estiveron impresas...
Dereito de admisión.A empresa en concreto dixo que non tiña problemas coas burlas sobre políticos etc, pero no caso da relixión ia contra os seus principios morais.Total quen vai a sair beneficiado vai a ser A retranca pola publicidade que se lle está a dar.
Nom, se ao final, que cabrons os de Retranca!!
Para nada, a min os de retranca me parece moi ben que saquen o tema a relucir e me parece unha putada o que lles fixo a imprenta, non teñen dereito. Simplemente discrepo coa palabra "secuestro", punto.
Post a Comment