“Alíñanse os planetas. Tápanse as fontes de luz. Calquera cousa... avísame”. Foi anos atrás, era en Compostela. Quen comigo falaba era un curioso (#particular) coñecido meu, músico de mérito e crente en astroloxía. Os días ían a menos (era o outono), e era época de cambio para moitos de nós, para noitos de mós. Empírico como me gustaría ser, non souben nin qué dicirlle, pero agradecín o xesto. Ás veces, non sei se porque Acuario ou Peixes ou qué sei eu están na casa de non sei quén, parece que chegan cambios entre a xente, entre os amigos. Dá vontade de desexarlles os mellores ventos para novas singraduras, para novos portos. E vai e aparece o vídeo dos rapaces de Friol, en Facebook, por todas partes, aínda para máis. Títulos de libros que non lin: “Eu tamén fun coas vacas”, de Alfonso Eiré. E os setenta e os oitenta (non credes, zonavelheiros, que esa distinción de décadas non deixa de ser unha grande pendekhada? Algún de vós se sentiu máis tecnolóxico despois do ano dousmil?) e habíaos que mirabamos o mundo a través da televisión. Mentres Galiza entraba na CCEEUU e o leite ía deixar de ser o que era para tantos e dos que vivían en Compostela escoitabamos palabras de orgullo, aparecía o break-dance na Primeira, os vídeos musicais... Un meu amigo, aos catro anos, cantaba a música de cando Fraga desembarcara na Rexión “votar votar votar / Alianza Populaar” a canda o outro retrouso, menos melódico talvez: “O-tan non / Ba-ses Fóra!”. Desde o ano en que Kubrick imaxinaba o futuro (ouh, o milenarismo!) miramos agora para atrás, e por veces os recordos tínguense dunha como pátina de tenrura. Así, para compensar, hoxe non vou facer unha actividade de aula coma naqueles outros tempos en que me convertera no abandeirado d’O Concursazo. Today, my dear friends, I would like to make an oral english exercise! Máis non vos riades, que o conto é serio. A historia é que naufragando en internet dei cunha canción e un vídeo que me soou coñecido por demais. Do 82. Póndelle que chegara a Galiza no 84-85... et voilá! Con certeza que xa o levaba por dentro, que -coma nos mundos de Platón- coñecer foi só lembrar. A canción chámase “Down Under”, do grupo australiano Men At Work.
http://www.youtube.com/watch?v=MeG-hNXXy6I
“Aló Embaixo” vs. “Aquí ao Fondo”
On this way... umm, you will apologize me for my terrible english. On this way deste xeito, o conto the thing é que these boys estes gharotos chantáronse nas listas de éxitos gringas e máis británicas cunha canción en que lles levantaron a paletilla aos aussies do seu tempo. Aínda hoxe, moitos consideran “Down under” (“Aló embaixo”, un modismo utilizado en inglés para referirse ás terras de Australia e Nova Celandia) coma o himno oficioso do país, e nas olimpíadas de Sidney foi a canción que clausurou os xogos.
Pero ¿qu’est-ce que se passe con “Aló Embaixo”? e máis: ¿que chingados ten que ver isto co’A Zona Velha?
“Can’t you hear, can’t you hear the thunder?”, repite o estrebelo (the easter-view, el estribillo), “Non escóita-lo trebón?” ou “Non escoitáde-lo trebón?”, e preguntábase a xente do 82 que qué thunder era ese. E ese thunder era, segundo dicían eles en entrevista, “os cambios que a sociedade australiana está experimentando, o proceso brutal de americanización do noso país”... To carallo! Que o diga un australiano! Pero iso no que respecta ao fondo, mais o que fixo de Down Under un fenómeno tan especial é, segundo servidor, a forma... os australianos recoñécense nunha serie de tópicos e motivos da súa cultura: ser “de aló embaixo”, comer bocadillos de “vegemite” (un tipo de pasta de levadura de cervexa que seica sabe... a Australia pura), beber Foster’s... en certo xeito, algo que agora explota tamén a publicidade de onda nós.
E especialmente, todo isto peneirado por un riff de reggae baseado nunha melodía tradicional en inglés, “Kookaburra sit in the old gum three” (que lles fixo, 30 anos despois, ter que pagarlle royalties aos avogados da mestra de escola que a compuxera) e adobiado cun dos máis gostosos surrealismos que eu xa vin. E qué vén sendo o teu país: un lugar onde as mulleres brillan (glow, aínda que nalgún lugar -o que aínda é mellor- lin que pode traducirse por “súan”) e os homes “fan as de Dios” (plunder, en libre tradución miña de “saquean”)... ou ben un lugar onde a birra corre a dolor (beer does glow) e os homes botan a raba (“chunder”, de “watch-under”, da xiria surfeira, por potear, aghomitar ou chamar por Raúl)...
A historia narra os máis dispares viaxes dun ou varios australianos, que son recoñecidos como tales nunha excursión de hippies (coa cabeza “full of zombie”, pasados de Dona Maria), en Bruxelas (?) e nunha pocilga de Bombay... non vos perdades as ghetas, as danzas coidadosamente coreografadas... "estasme tentando porque veño da Terra da Abundancia?", pero abundancia de qué, papa-vegemite!
Eis as líricas. E claro, as preguntas... Mirarían os Resentidos Men At Work cando fixeron o que facían? E se eles son de Aló Embaixo nós que poderiamos ser, de Aquí Ao Lado, ou de Aló Ao Fondo? De Por Aí, Xalundes?
Comprándolle pan a un rapaz en Bruxelas
que estaba feito un boi e media metro noventa
Díxenlle, “Fála-la miña linghua?”
E foi el e, rindo, púxome un polbo á feira / un bocata de freba
E dixo,
“Veño dunha terra de Aló ao Fondo
onde a birra corre e os homes potean
“Non oes? Non escóita-lo trono?
Mellor fuxe, é ben que te protexas.
Polo demais, pois encetando xa a etapa das conclusións en Terra Brasilis, e sen ser moi consciente do tempo e o espazo.
Cés desculparán a boutade. Se cuiden, zonavelheiros!
4 Comments:
Muito caro Poldo!! Vaia reflexom pola que che deu! Si, as cousas câmbiam, menos mal! Ainda que seja pra mal, senom isto seria muito aborrezido. Gosto de ler-te. Aperta!!
Ah non, non, non. "Eu nacín moi tarde nun mundo que vai moi á presa" + "A patria do home é a infacia" = só resta consolarse no I Ching.
http://pt.wikipedia.org/wiki/I_Ching
Ou máis completo en:
http://es.wikipedia.org/wiki/I_Ching
A verssom moderna dos oráculos está nos "bots" online....
Inteligencia artificial ao serviço do "desafogo". Por certo, boa escolha para secçom do blogue. Eu hei-na de usar.
Poldow, detecto morrinha a raudais... haverá que organizar umha excurssom por lá e montar umha boa lea todos juntos!!!
Vaia! Pois tiven que ir ao dicionario ver que era iso de "bot". Gostei do conceito! Inclusive, lembrei que en BUP fixeramos cuns colegas un programa dese tipo, nunha linguaxe que xa non me vai acordar... ah, Q-BASIC! Hahaha... Onde vai!
Morriña nothing, oh. É só o "eu lyrico" (que é o que lé as lyricas). Ou si. Ou non: sei lá.
Pero o da lea, iso si, of course que prestaba, mais se non dades vido por acá, onda Mafomede, tamén vale aí, na Montaña...
E finalmente, precisaba que algún me derades unha "dica" (br. "consello") para pór os videos no corpo do texto do blog, que me xa non acorda [colocación de pronomes avalada por filólogos]...
Abrazos e Lugofonía (tu, il, nosoutros)!
Post a Comment